Oia

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa

Oia acollerá un campamento infantil os próximos días 15,16,17 e 22 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa. A actividade está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar coa colaboración do Concello de Oia.

O 'V Trail-Andaina Desafío de Oia' 2019 bate récord de participación

Os sempre espectaculares montes de Oia acolleron este domingo a disputa do  'V Trail-Andaina Desafío de Oia' que este ano, e con 588 deportistas inscritos, batía récord de participación. A diferenza de anteriores anos nos que a choiva e o frío foron protagonistas, nesta quinta edición a proba disputouse baixo un sol de xustiza, circunstancia pouco frecuente dadas as datas nas que andamos. O evento organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios consolídase, logo de cinco anos, como uns dos Trail de referencia.

Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido, Mougás

O Concello de Oia convoca unha reunión técnica para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores 20 de marzo ás 19:30 horas na Casa Cultural de Mougás. No encontro informarase sobre o proxecto e as afeccións a fincas particulares. As persoas propietarias tamén poderán preguntar dúbidas relativas á cesión de terreos así como outras cuestións técnicas.

Corenta cinco mozas e mozos participarán no intercambio cultural Oia–Oiã

Un total de 45 mozos e mozas participarán no III Intercambio Cultural entre o concello de Oia e a freguesía portuguesa de Oiã, pertencente ao municipio de Oliveira do Bairro, unha iniciativa que se desenvolve dentro do irmandamento existente entre as dúas localidades. Os participantes, alumnado dos cursos 5º e 6º de primaria dos colexios Mestre Manuel García e Refoxos (Oia) e da Escola Básica Dr. Fernando Peixinho (Oiã), gozarán dunha programación de actividades destinada a coñecer a cultura do seu pobo irmá.

Estúdase a creación dunha réplica do petroglifo de Auga dos Cebros de Oia

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Pedornes e a Asociación Costa dos Castros manteñen contactos con vistas a desenvolver unha nova actuación en Auga dos Cebros, neste caso para poder elaborar unha réplica deste singular petróglifo do concello de Oia. 

Suscribirse a este canal RSS