Oia

Roteiro de sendeirismo pola Ruta Máxica de Oia, este domingo

A Asociación Costa dos Castros organiza  un roteiro de sendeirismo pola Ruta Máxica de Oia este domingo, 27 de novembro. A iniciativa desenvolvida en  colaboración coa tenda de deportes  Decathlon de Vigo, pretende animar a veciños e visitantes a facer deporte mentres coñecen algunhas das xoias patrimoniais da zona, como o castro e petróglifos da Cabeciña e o castro de Cano dos Mouros.

A 'Festa do Rei Sol' volve ao castro de Cano dos Mouros

A segunda edición da Festa do Rei Sol é unha proposta de posta en valor dun castro en Viladesuso (Oia) a través da recuperación da memoria oral. Ao longo do sábado 24 de setembro sucederanse contos e lendas intercalados con música e potenciados con iluminación e son. Tamén haberá tempo para unha merendola campestre e a degustación da cervexa artesá ‘Rei Sol’.

Suscribirse a este canal RSS