Oia

Oia achega a súa actividade á cidadanía cun servizo de mensaxería instantánea

O Concello de Oia vén de dotarse da aplicación Tokapp, un servizo de mensaxería instantánea a través de smartphone ou tablet que garante a axilidade e a seguridade á hora de comunicar a súa actividade á cidadanía. Tokapp permite que calquera cidadán poda seguir as novidades do Concello a través dos grupos de subscrición que, segundo os diversos temas, o Concello vai abrindo. As persoas usuarias poderán subscribirse ás listas creadas (cultura, deportes, emprego-formación e subvencións) a fin de recibir a información que lle resulte de interese.

Oia continúa coa campaña de compostaxe doméstica

O Concello de Oia continúa desenvolvendo a súa campaña de compostaxe doméstica distribuíndo, de xeito gratuíto, composteiros individuais entre as persoas que o soliciten. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de xaneiro. O Concello anima á veciñanza a empregar estes dispositivos nos seus fogares e lembra que a compostaxe é unha oportunidade para reciclar os residuos orgánicos: o compost que se fabrica (rico en materia orgánica e minerais) pode ser reutilizado nas hortas domésticas por ser un bo fertilizante para o solo.

Hostaleiros e comerciantes de Oia recibirán clases de inglés gratuítas

O Concello de Oia vén de anuncar a organización dun curso gratuíto para a mellora das competencias de lingua inglesa dirixido expresamente a profesionais da hostalería e o comercio do municipio. Como todas as iniciativas deste tipo, as prazas son limitadas, polo que interesados e interesadas deberán inscribirse canto antes. 

Oia abre a inscrición para o obradoiro de creación de xoguetes tradicionais no Nadal

O Concello de Oia vén de abrir a inscrición para un obradoiro de creación de xoguetes tradicionais no Nadal, que se celebrará dentro da Semana Cultural que desenvolve a Asociación Veciñal de Mougás, nunha actividade organizada polo Concello dentro do programa «Tecendo Lazos» da Deputación de Pontevedra. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 30 de novembro.

Suscribirse a este canal RSS