Oia

A tempada de curros en Oia comeza este domingo na Valga

A tempada de rapas das bestas en Oia comeza esta fin de semana co tradicional curro da Valga, que terá lugar este domingo día 12 de maio desde primeira hora da mañá. A partir das 9:00 horas os gandeiros comezarán a xuntar as bestas e estímase que a chegada dos cabalos ao recinto da Valga (parroquia de Loureza) producirase sobre as 13:00 horas. Xa pola tarde, arredor das 17:00 horas, terán lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcado dos animais.

Mozos e mozas de Oia, protagonistas dun videoclip contra o acoso escolar

Mozos e mozas de Oia protagonizan o videoclip da canción You’re not Alone, no que se aborda a problemática do bullying. Este vídeo musical, de recente lanzamento, é o resultado da colaboración dos DJs e produtores baioneses Ludwig Van Brothers en e a cantante Annie Rose. A canción quere enviar a mensaxe de que, ante calquera dificultade debemos seguir a nosa forza interior, porque non estamos sos.

Convocatoria dunha praza de técnico forestal en Oia

O Concello de Oia convoca unha praza de técnico forestal con carácter de persoal laboral temporal. Debido a gran cantidade de requirimentos relativos á limpeza de fincas tramitados nos últimos anos, o Concello vén de iniciar este procedemento co obxectivo de poder axilizar estes trámites e así contribuír na mellora da prevención de incendios forestais.

O PSOE de Oia asegura que a alcaldesa ten "unha dobre cara"

O anuncio realizado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, de estudar un posible convenio de colaboración coa Xunta de Galicia de cara a mercar terreos, na parroquia de Mougás para a creación dunha área recreativa, anuncio realizado durante a visita ao municipio do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, non sentou nada ben nas filas do PSdeG-PSOE que acusan á rexedora municipal de "ter dobre cara".

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa

Oia acollerá un campamento infantil os próximos días 15,16,17 e 22 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa. A actividade está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar coa colaboración do Concello de Oia.

Suscribirse a este canal RSS