Aviso
  • JFolder: :files: a ruta non é un cartafol. Ruta: /home/C000081/web/comarcasnarede.com/public_html/images/carril_bici_proxecto
Noticia
  • There was a problem rendering your image gallery. Please make sure that the folder you are using in the Simple Image Gallery Pro plugin tags exists and contains valid image files. The plugin could not locate the folder: images/carril_bici_proxecto

A Xunta destina 800.000 euros ao carril bici Vigo-Baiona-A Guarda

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na presentación do proxecto na Casa Consistorial de Oia, acompañada pola alcaldesa, Cristina Corre e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Méndez A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na presentación do proxecto na Casa Consistorial de Oia, acompañada pola alcaldesa, Cristina Corre e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Méndez

Oitocentos mil euros será o investimento que realizará a Consellería de Infraestruturas e Vivenda no reforzo da seguridade viaria e reforma do carril bici Vigo-Baiona-A Guarda. O novo proxecto, que foi presentado en Oia pola conselleira Ethel Vázquez e polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Méndez, foi cualificado "de consenso" e busca algo que, a priori, parece un tanto complicado: "compatibilizar as necesidades de peóns, ciclistas e condutores".

Para a elaboración do proxecto, a Axencia Galega de Infraestruturas -encargada da súa redacción- recolleu as demandas dos alcaldes da zona, da Federación Galega de Ciclismo e de expertos en seguridade viaria. Ethel Vázquez destacou que a solución técnica conta "coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico", coa que a Xunta traballa coordinadamente tanto neste proxecto como no impulso de campañas específicas de seguridade viaria.

O proxecto prevé substituír os actuais separadores de formigón presentes nesta vía por outros de goma rebasables, que amplían o espazo ao que pode recorrer o ciclista deportivo en caso de necesidade. Paralelamente dotarase esta estrada de beiravías máis anchas, nas que será posible a práctica do ciclismo deportivo mentres que o carril bici se estreitará e quedará convertido nunha senda mixta de utilidade tanto para peóns como para ciclistas turísticos. Por último, intensificaranse a sinalización nas rúas e beiravías para concienciar e sensibilizar a todos os usuarios sobre a importancia de respectar a tódolos usuarios das estradas.

{gallery}carril_bici_proxecto{/gallery}

A Consellería de Infraestruturas busca "respectar todos os tipos de usuarios desta vía mediante a realización de varias actuacións para compatibilizar as necesidades de peóns, ciclistas e condutores e incrementar a seguridade dos usuarios vulnerables".

Ethel Vázquez explicou que, en total, actuarase ao longo dos 51 km de lonxitude do carril que une Vigo con Baiona e A Guarda. O inicio das actuacións está previsto para finais do verán unha vez se reduza a conxestión de tráfico da zona por causa do turismo e contarán cun orzamento de 800.000 euros por parte do Goberno Galego. De esta forma, poderase finalizar por completo a senda o inicio do próximo ano.