Obradoiro de construción dunha cabana castrexa na Cabeciña, Oia

Mañá luns, 16 de maio, a Asociación Costa dos Castros organiza un obradoiro para rematar unha cabana castrexa no castro da Cabeciña (Mougás, Oia). O obradoiro será a partir das 16 h e nel poden participar tanto adultos como nenos. A actividade consistirá en mesturar barro con palla e aplicalo nas paredes da cabana para facer o acabado, polo que haberá que ir preparados para mancharse.

“Trátase de rematar a cabana que se preparou para a Festa da Cervexa da Cabeciña e que pola chuvia non se puido rematar ese día” sinalan dende a Asociación. “É unha actividade ideal para compartir en familia. Nenos e adultos traballando xuntos.”

Ademais a Asociación ofrecerá unha merendola para os pequenos para repoñer as enerxías perdidas. A actividade é gratuíta e non é necesario apuntarse. Para máis información, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 666 435 832.