Aviso
  • JFolder: :files: a ruta non é un cartafol. Ruta: /home/C000081/web/comarcasnarede.com/public_html/images/oia trail 2016
Noticia
  • There was a problem rendering your image gallery. Please make sure that the folder you are using in the Simple Image Gallery Pro plugin tags exists and contains valid image files. The plugin could not locate the folder: images/oia trail 2016

Máis de 230 participantes no II Desafío Oia–Marqués de Vizhoja

Máis de 230 corredores déronse cita onte domingo no Mosteiro de Oia, para non só desafíar á climatoloxía senón tamén á dureza da segunda edición do xa renombrado trail Desafío Oia-Marqués de Vizhoja. Por diante máis de 25 km de percorrido cuns 1.600 m de desnivel positivo acumulado.

Logo dun emocionante duelo entre os primeiros clasificados, o vencedor da proba foi Antonio Liébanas cun tempo de 2h37min38seg, seguido de Raúl Mantilla a tan só 4 segundos e Estivel Martínez a 9 minutos e medio.

Por categorías, en sénior masculino o pódium coincide coa xeral da carreira. En sénior feminino a primeira clasificada foi Aroa Sio cun tempo de 3h 31min 19seg, seguida de Raquel López a 20 min e Lorena Grégores a 29 min. En veteranos alzouse coa vitoria Miguel Dourado cun tempo de 3h 6min 18seg, seguido de Jorge Diz a 15 segundos e de José Mª Carpinteiro a pouco máis de 2 minutos. O mellor corredor local foi Iván Pimentel, oitavo na xeral e cun tempo de 2h 54min 34seg.

{gallery}oia trail 2016{/gallery}

Ao finalizar a proba nos comentarios dos corredores destacou a súa gran dureza e espectacularidade. A organización, o Club Cornelios e a CCCMM de Oia, un ano máis acabou satisfeita esta segunda edición, agradecendo a colaboración de todos os voluntarios e veciños e o existoso nivel de participación na proba.