Os socialistas de Oia presentan este venres a súa candidatura ás municipais 2019

Gerardo Rodríguez, candidato á alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE Gerardo Rodríguez, candidato á alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE

Os Socialistas de Oia presentan, este venres ás 20:00 h, a súa candidatura ás elección smunicipais, acto que terá lugar na Casa da Cultura de Mougás, presentado pola número 2 da candidatura, Elena Álvarez, e no que intervirán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, Gerardo Rodríguez.

Ao longo da presentación, proxectaránse dos dous vídeos de campaña elaborados polos membros da candidatura. 

"Estamos a piques de rematar unha lexislatura perdida, caracterizada por unha moción de censura que impediu levar adiante o cambio que o Concello demandaba e imposibilitou afrontar os graves problemas de Oia: saneamento, Talaso, Mosteiro...", sinala o candidato socialista á Alcaldía de Oia.

A candidatura que encabeza Gerardo Rodríguez combina "experiencia e xuventude, ofrece enerxía, esperanza e ilusión para que, dunha vez por todas, o noso concello saía do estancamento e escurantismo no que nos mantiveron os sucesivos gobernos do PP".

Oia, asegura Rodríguez, "non pode permitirse perder outros 4 anos nos que a xuventude siga a emigrar pola falta de oportunidades e que continúe o despoboamento do Concello (3.227 en xaneiro do 2009, 3.014 en xaneiro do 2019)".