O Rosal, de maioría absoluta do PP a maioria absoluta do BNG

Non é nin fácil nin habitual. Que un concello con 13 concelleiros/as pase dunha maioría absoluta de 8 do PP (que perde 3), a unha maioría absoluta de 7 do BNG (que gaña 4), non é unha sorpresa. É un sorpresón ou un auténtico 'Sorpasso', sobre todo se temos en conta que no 2011, o BNG tiña tan só 2 concelleiros fronte aos 9 populares.

O certo é que o BNG foi quen de 'arañarlle' votos non só ao PSOE, a quen lle arrebata un representante, senón aos propios populares, aos que lle quita tres concelleiros. O dito, un sorpresón que habitualmente, en política, e a consecuencia non da sorte, senón do traballo ben feito e ben trasladado á veciñanza. O Rosal engádese a Tomiño á hora de gobernar en clave nacionalista.