Os socialistas do Rosal presentan este sábado a súa candidatura ás Eleccións Municipais

Os Socialistas do Rosal presentan este sábado ás 12:00 h a súa candidatura ás Eleccións Municipais nun acto que terá lugar no Salón Multiusos do Centro Social Polivalente do Rosal e que será presentado por José Manuel Domínguez Freitas, exalcalde da Guarda. Na presentación intervirán o senador socialista, Modesto Pose e o candidato á Alcaldía, José Carlos Martínez Crespo..

O candidato socialista á alcaldeía, José Carlos Martínez Crespo presenta unha candidatura que é "unha aposta rupturista cas vellas tendencias e renovada". Ao candidato o acompañarán como número 2 Juana Rosa Maceiras Riomao; 3, Miguel Ángel Rodríguez Velasco; 4, Begoña Domínguez Cerqueira; 5, Luis Giráldez Giráldez; 6, María Concepción Alonso Rodríguez; 7, José Manuel Gómez Campos; 8, Milagros Lores Torres; 9, Matías Martínez Martínez; 10, Silvia Rodríguez Duran; 11, José Luis Gómez Trigo; 12, Carmen María Rodríguez Lagos; 13, Julio Vicente González

En palabras de José Carlos Martínez Crespo “o proxecto progresista que lidero está comprometido cun Rosal plural, como a nosa veciñanza, igualitario dende a diversidade, inclusivo, pensado a partir dun modelo de convivencia que soubemos construír e que non podemos deixar que se perda.”