A Guarda

Os peques da Guarda aprenden a importancia da reciclaxe

Os cativos e cativas de 3 e 4 anos do CEIP A Sangriña visitaron na mañá de onte o Punto Limpo da Guarda, co fin de coñecer os procedementos de separación e reciclaxe dos materiais que alí deben depositarse. O alcalde Antonio Lomba, e o concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez, foron os encargados de guiar a visita polas instalacións municipais.

A Guarda pecha o curso de escaparatismo de «EuRural» con éxito de participación

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste «EuRural» pechou a pasada semana o seu programa formativo «O ben feito, ben parece» na Guarda, coa entrega de diploma aos participantes. O curso contou con 16 alumnas e alumnos, que se formaron durante 36 horas en técnicas de escaparatismo, presentación de produtos, paquetería comercial e visual merchandising, completando as prazas ofertadas no municipio entre o 23 de maio e o 8 de xuño.

«Tapearte» da Guarda conclúe co sorteo dun smartphone e a valoración das mellores tapas

A IV ruta gastronómica «Tapearte» xa ten gañadores e gañadoras. Esta mañá realizouse na Casa do Concello da Guarda o sorteo dun smartphone Samsung Galaxy 7J entre os «ruteiros» e as «ruteiras» con 6 ou máis tapas degustadas. Ademais, practicouse o reconto das papeletas entregadas polos comensais, do que se inferiron os establecementos gañadores do Concurso da Mellor Tapa «Tapearte» 2018.

Novo obradoiro de videos curtos co móbil da OMIX da Guarda

O Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda impulsa un novo obradoiro de «vídeo nun minuto», no que se traballará a elaboración de pequenas montaxes audiovisuais utilizando o teléfono móbil. As persoas participantes poderán adquirir os coñecementos necesarios para aproveitar a cámara do seu smartphone, gravando pequenas pezas de vídeo que posteriormente poderán editar e transformar nunha verdadeira montaxe audiovisual. O taller impartirase no Centro Cultural o 22 de xuño entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Esta semana péchase a inscrición da «XXIII Travesía a nado Porto da Guarda»

O vindeiro venres, 29 de xuño, péchase a inscrición da tradicional «Travesía a Nado Porto da Guarda» que acada con esta a súa vixésimo terceira edición e que se disputará o vindeiro 7 de xullo, concidindo coa celebración da «XXVIII Festa da Langosta» e da Cociña Mariñeira (do 6 ao 8 de xullo). A proba deportiva está aberta á participación de persoas de todas as idades, tanto federadas como non federadas, con categorías feminina e masculina e 6 subcategorías por rangos de idade.

Suscribirse a este canal RSS