a guarda 2019

A Guarda

Aberto o prazo para o Campamento Urbano da Guarda ata o 21 de xuño

Hoxe luns, 4 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Urbano da Guarda que, durante os meses de xullo, agosto e primeira semana se setembro, organiza a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX). Na actividade, os nenos e nenas de 4 a 12 anos, poderán realizar diversos obradoiros, xogos e outras actividades culturais e deportivas nun entorno educativo e de convivencia. A inscrición permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de xuño.

Montse Magallanes: “Ser concelleira de Turismo na Guarda, é doado”

Montserrat Magallanes é concelleira de Turismo do Concello dá Guarda, responsabilidade que compatibiliza coas de Facenda, Desenvolvemento Económico (Comercio, Industria e Pesca) e Persoal. Di que é “doado” ser concelleira de Turismo nun concello como a Guarda. O certo é que non hai moitos concellos que, con pouco máis de 20 quilómetros cadrados de extensión, reúnan tal cantidade de atractivos patrimoniais, naturais e culturais como A Guarda.

A Guarda vestirase de flores na fin de semana do Corpus Christi

O municipio guardés preparase dende hai semanas para vivir unha das súas festividades máis destacadas, coa elaboración das tradicionais alfombras floráis que cubrirán as principais rúas do casco antigo da vila na fin de semana do Corpus Christi. Decenas guardesas e guardeses traballan arreo estes días para ultimar os preparativos, que comezarán a tomar forma durante a tarde e a noite do sábado.

Suscribirse a este canal RSS