a guarda 2019

A Guarda

Atún de anzol de Orpagu, unha 'delicatessen' en tres formatos

A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) volve ao Salón Gourmets, de Madrid, coa súa conserva de atún de anzol capturado pola súa frota en caladoiros de altura e gran altura. Despois da presentación da conserva o pasado ano neste encontro internacional de tendencias gastronómicas, os palangreiros guardeses volven ao salón para fomentar a comercialización da conserva nos seus tres formatos: ventresca, lombos e migas.

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz estrea horario

A partires desta fin de semana o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda abre novamente as súas portas todas as fins de semana e festivos en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Este sábado entrada gratuíta por ser o primeiro sábado do mes. Este horario manterase ata o 14 de xuño, a partires do 15 de xuño, e ata o 15 de setembro o horario de verán será de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h.

'Degusta Europa' chega á Praza de Abastos da Guarda o 11 de abril

O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, vinculado á campaña 'Fame de Experiencias' da Deputación de Pontevedra, estará na Praza de Abastos da Gaurda o xoves, 11 de abril, en horario de 11 h a 12 h. A iniciativa que que potencia a enogastronomía; pretende, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. O alumnado do CIFP Manuel Antonio, traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.

Teatro, música, deporte e gastronomía na primeira fin de semana de abril na Guarda

A Guarda recibe a primeira fin de semana do mes de abril cunha intensa programación de actividades entre as que destacan a celebración dun showcooking sobre a lamprea, enmarcado nos fins de semana gastronómicos, a representación teatral de «Bernarda», o Concerto do grupo folk Na Revolta, a Proba deportiva Baixo Miño Enduro Experience e o Concerto da Orquestra KV2211.

A Guarda ultima os preparativos para a 'Baixo Miño Enduro Experience'

A Casa dos Alonsos acolleu a presentación da primeira proba de Enduro da zona, a 'Baixo Miño Enduro Experience', unha proba deportiva na que se combina a habilidade técnica do DH (Descenso) e a resistencia física do XC (Rally), que terá lugar este domingo día 7 de abril. No acto de presentación estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o concelleiro de Deportes, Xavier Crespo e representantes do Clube Ciclista Insitu, organizadores desta proba deportiva.

A CIG repite maioría absoluta nas eleccións sindicais do Concello da Guarda

A CIG volveu gañar con maioría absoluta as eleccións sindicais que se veñen de celebrar no Concello da Guarda ao lograr 3 dos 5 representantes no comité de empresa e o único que se escollía entre o persoal funcionario. No proceso electoral celebrado entre o persoal laboral, a Central sumou un total de 44 votos: 31 no colexio de especialistas (2 delegados/as) e 13 no de técnicos/as e administrativos/as (1 delegado/a).

Suscribirse a este canal RSS