A Guarda recupera o Cruceiro Pinto de Salcidos

O Concello da Guarda ven de rematar recentemente as obras do Proxecto de Urbanización do entorno do Cruceiro Pinto de Salcidos. Neste proxecto de renovación do pavimentado do camiño da Cruz, no entorno do cruceiro Pinto, situado no núcleo de San Lourenzo da parroquia de Salcidos, realizouse unha obra para a acondicionar este ben patrimonial, permitindo mellorar este camiño para o servizo do común dos cidadáns.

cruceiro pinto salcidos 02O entorno do cruceiro da Cruz abarca un ámbito de 125 m2 aproximadamente no mesmo entronca a rúa Aloqueiro, presentaba un firme de aglomerado, arestora conta cun empedrado de 10 cm combinando lousa con lastros de granito aserrado, instalando tamén uns proxectores para iluminación ornamental deste conxunto.

Este conxunto monumental está composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela, foi construído entre os anos 1746 e 1764. Sobre unha base levantase unha columna cilíndrica rematada nun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un Cristo e San Francisco orante á esquerda.

Estas obras realizáronse grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2018-19 Liña 1 cun importe total de 21.455,47€.