Novo prazo de inscricións para o Campamento Urbano 2019 na Guarda

Por un erro no procedemento administrativo o Campamento Urbano 2019 ten que abrir un novo prazo para solicitar a inscrición. O prazo será dende o día 10 ata o día 17 de xuño en horario de 9:00 h a 14:00 h (horario de rexistro) ou na sede electrónica do Concello da Guarda. Este campamento terá lugar os meses de xullo, agosto e o período non lectivo de setembro, en horario de 9 a 14 horas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

O campamento ten o principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo.

Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, cociña, inglés, actividades deportivas... pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.

Para máis información as persoas interesadas poderán achegarse ata a OMIX da Guarda ou chamar ao 986 61 00 00. As bases e o modelo de solicitude se poden descargar na web do concello