Logo
Imprimir esta página

'Baixo Miño Enduro Experience' na Guarda, todo un espectáculo

Os montes da Guarda e do Rosal acolleron o pasado domingo día 7 de abril a primeira proba de Enduro da zona, a 'Baixo Miño Enduro Experience', unha proba deportiva na que se combina a habilidade técnica do DH (Descenso) e a resistencia física do XC (Rally) e na que tomaron a saída un total de 182 ciclistas. A espectacularidade da proba, cun desnivel acumulado de 1.200 metros e 28 quilómetros de percorrido, non defraudou ao numeros público que se deu cita en ámbalas dúas localidades.

A 'Baixo Miño Enduro Experience' era puntuable no Open de Galicia de Enduro coa particularidade de ter 5 tramos cronometrados cun percorrido que se realizou nun entorno idílico para a práctica da disciplina de Enduro, cunhas paisaxes espectaculares co río Miño, a Costa e o Porto da Guarda, os Castros de Santa Trega, o Rosal e os seus viñedos e a desembocadura do Miño.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados