a guarda 2019

O concello da Guarda dotará ao Centro Cultural de iluminación ornamental

Dentro das actuacións de carácter estético de realce do noso patrimonio, como por exemplo o pintado do espigón ou a rotonda de San Roque, O concello da Guarda adxudicou esta semana as obras de iluminación ornamental do Centro Cultural da vila, unha actuación que forma parte dentro das iniciativas que o Goberno local desenvolve de cara ao realce estético do patrimonio, como é o caso do pintado do espigón ou a glorieta de San Roque.

O Centro Cultural é unha fermosísima construción indiana que ben merece luminarias que destaquen a súa arquitectura nas horas nocturnas, actuando na fachada principal e fachada oeste, así como nas escaleiras de acceso e a zona axardinada da parte posterior.

centro cultural 2

Para o proxecto de iluminación ornamental do Centro Cultural da Guarda empregarase iluminación de tipo LED, con temperaturas de cor entre 3000k e 4000k, cumprindo cun aforro enerxético optimizado e destacando áreas específicas deste emblemático edificio co obxectivo de atraer a mirada cara a zonas, detalles ou particularidades arquitectónicas interiores ou exteriores, engadir profundidade ou texturas e matizar o aspecto xeral deste edificio.

Esta iluminación contará cun sistema de programación horaria automatizado para poder controlar o acendido e apagado da mesma. O financiamento desta actuación faise a través do plan concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.