a guarda 2019

Nenos e nenas da Guarda, gozan dunha nova sesión de 'Contos Contados'

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda despedíu o pasado sábado o mes de marzo cunha nova sesión de Contos Contados que versou sobre “Contos de Estación”, por “Donde viven los cuentos”, unha actividade enmarcada no programa PonteGal da Deputación de Pontevedra.

Neste caso a actividade realizouse cun Conta contos interactivo que, tomando como referencia a estación do ano, acercou aos máis 20 asistentes aos elementos propios da época, permitindo a estimulación sensorial ó tempo que gozouse dos contos.

contos contados abril 2019 02

Partindo dun escenario no chan que representa un entorno da natureza, un rato realizou unha emocionante viaxe na que se narrou, a través de varios contos, a aventura que vive e o agasallo que recibe por axudar ós demais.

Ao final o rato empregou todos os agasallos para facer algo moi especial.