a guarda 2019

O transbordador A Guarda-Caminha fai a súa parada anual por mantemento

A partires do sábado 16 de marzo queda suspendido o servizo do ferry entre Caminha e A Guarda por traballos de revisión e mantemento obrigatorios que obrigan a varalo no estaleiro. A previsión é que o servizo se restableza en tres semanas unha vez pasada a revisión correspondente e a renovación do certificado de navegabilidade. Informarase convenientemente do día e horas de comezo.