a guarda 2019

Éxito do Desfile-Concurso de Entroido da Guarda

O Concello da Guarda acolleu na tarde do pasado sábado día 8 de marzo de 2019 o Desfile-Concurso de Entroido, despois de terse aprazado pola situación meteorolóxica desfavorable. Sobre as 17:30 h, e tal e como estaba previsto, empezou o Desfile-Concurso de Entroido con saída dende a esquina famosa, facendo o seu percorrido pola Rúa Puerto Rico e Rúa Galicia, para chegar finalmente á Alameda da Guarda.

Durante o transcurso do desfile foron moitos os veciños e veciñas así coma visitantes os que non se quixeron perder esta oportunidade de participar e asistir ao desfile, que nesta edición contou cun xurado composto por representantes da Asociación Fibromiño, Asociación Veciñal O Percamiño e Asociación Cultural Rock´n´rolla. O xurado valorou a participación nas diferentes categorías atendendo á orixinalidade, posta en escea, elaboración, maquillaxe e música, obtendo a nota final coa suma de todos estes apartados, tal e como figura nas Bases do Concurso.

entroido_aguarda_2019

Gañadores:
Categoría Individual infantil
1. Lolipop
2. Supermario Bros
3. Cenicienta y Rapunzel
4. Traxe hindú

Categoría Individual Xuvenil Adulto
1. Fantasía Rei, Doctor Reina
2. Dragón Rojo
3. Mikaela Pedroche
4. Bender
5. Mérida/brave
6. Fama, la que baila

Grupos
1. Flota de avións
2. Traxe Cordobés

Carrozas
1. Verano Azul
2. La Voz

Comparsas
1. Abba
2. Os Firisos