A Guarda presente no XX Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense

O Concello da Guarda estivo representado, a pasada semana, na 20º edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense, evento que contou coa participación de 283 expositores e a presenza de 12 países. Ao longo de 5 días esta feira recibiu máis de 24.000 visitas, contando con numerosos showcookings, demostración de produtos, conferencias, catas de viños e moitas actividades de promoción turística e gastronómica.

xantar ourense aguarda01

Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.

xantar ourense aguarda02

En palabras de Carmen Baz «este é o décimo cuarto ano que participamos e a langosta da Guarda tivo moito éxito, recibindo numerosos agradecementos e parabéns dos comensais».

xantar ourense aguarda04