A Guarda agradece a colaboración das asociacións que decoraron as prazas no Nadal

O Concello da Guarda fixo entrega na mañá do martes día 8 de xaneiro duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas durante o pasado Nadal na Guarda. Con este acto, o Concello guardés quería agradecer a colaboración de todas elas para que a vila presentase, nestas pasadas festas, un espectacular aspecto.

Dende a Concellería de Cultura, Elena Baz destacou que esta colaboración "foi esencial para poder contar na Guarda cunha decoración de Nadal, feita con moito traballo, esmero e cariño por parte dos diferentes colectivos involucrados". En total, foron onte as asociacións que colaboraron nesta tarefa: San Xerome, Os da Foz, Mulleres Progresistas, Alfombristas da Guarda, Coro Arpegios Cantábile, Studio 88, Xamaraina, Fundación Las Samaritanas, Vento Mareiro, Avelaiña e Piueiro.

Sen dúbida un Nadal que non pasou inadvertido, tanto para visitantes como para os veciños e veciñas da vila, que destacaron o bo traballo para engalanar as principais prazas e espazos públicos do municipio

Na mañá deste pasado martes martes representantes das 11 asociacións participantes en «Decora o teu Nadal» recolleron o seu lote de produtos típicos en mans das concelleiras de Cultura e Turismo, Elena Baz e Montserrat Magallanes, respectivamente.