ITV de ciclomotores e turismos na Guarda

As unidades móbiles 6 —de inspección técnica de turismos— e 9 —de ciclomotores— desprazaranse ao concello da Guarda no vindeiro mes de febreiro instalándose na estación de servizo San Roque.

No que á inspección técnica de ciclomotores fai referencia, a unidade móbil estará no concello guardés os días 12 e 13 de febreiro atentendo a usuarios e usuarias en horario, o día 12, de 9:00 h a 13:30 h e 15:15 h a 18:00 horas e o día 13 só en horario de mañá.

Pola súa banda, a unidade móbil 6 de inspección técnica de turismos, estará na Guarda o 14 de febreiro e do 18 ao 28 de febreiro tamén na estación de servizo San Roque. O horario habitual de atención será de 9:00 h a 13:30 h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás o día 28 de febreiro que será só en horario de mañá.

Para solicitar cita previa, interesados e interesadas poden facelo no teléfono 902 30 90 00 ou na páxina web www.sycitv.com no apartado de Cita previa. Usuarios e usuarias deberán ter en conta que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.