a guarda 2019

Bo funcionamento do mercado dos sábados na contorna da Alameda da Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, percorreron a nova ubicación do mercado dos sábados que foi do gusto de veciñanza e comerciantes O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, percorreron a nova ubicación do mercado dos sábados que foi do gusto de veciñanza e comerciantes

O pasado sábado día 22 de setembro o Mercado Semanal da Guarda retomaba a súa actividade despois de terse suspendido, na anterior semana, por mor do inicio das obras de Concepción Arenal e pola actividade da II Mostra Asociativa. Na xornada do sábado, segundo sinala o Concello guardés, "a afluencia ao Mercado Semanal foi excepcional, moitos veciños da Guarda, localidades próximas e visitantes aproveitaron para facer as súas compras na vila".

mercado sabados alameda 03

O certo é que, sinala o executivo local, "tanto os comerciantes coma visitantes, valoraron moi positivamente este novo emprazamento, empregando as Rúas Rosalía de Castro e a parte alta da Alameda".

Dende a Concellería de Comercio, que xestiona Montserrat Magallanes, e logo da valoración dos distintos espazos propostos na Mesa de Comercio, confirmou que este será o emprazamento do mercado, tralo remate das obras de Concepción Arenal.

mercado sabados alameda 02