15.9 C
Pontevedra
Venres, 25 de Setembro de 2020

Redacción

Redacción
3513 POSTS 0 COMMENTS

Incorpórase un novo axente ao cadro de persoal da Policía Local de Ponteareas

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, vén de dar conta da incorporación dun novo axente da Policía Local que pasará a engrosar o cadro de persoal da Policía local ponteareá. O novo axente iniciará agora a súa formación na Academia Galega de Seguridade. A...

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle unha exposición sobre o Desenvolvemento Sostible

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle, dende onte 24 de abril, a mostra 'Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá', que reune un total de 17 viñetas, unha por dada ODS, de 15 debuxantes, tanto de...

Nigrán declina seguir colaborando coa empresa privada responsable das ‘Bandeiras Azuis’

O Concello de Nigrán anunciou a súa intención de non seguir colaborando coa empresa privada ADEAC, responsable de conceder os distintivos 'Bandeira Azul'. Trátase –segudo explica o alcalde Juan González– dunha decisión moi meditada tras catro anos detectando falta de rigor e arbitrariedade en ADEAC". González insiste...

Baiona celebra, o 1 de maio, o ‘III Mercado Antigo de Sabaryz’

O Concello de Baiona organiza por terceiro ano consecutivo o Mercado Antigo de Sabaryz coa intención de dar a coñecer a historia duns dos mercados máis antigos de Galicia. A cita será o vindeiro mércores 1 de maio de 2019 na Praza Vitoria Cadaval e en practicamente toda a...

Baiona ultima os preparativos do ‘BaideTapas 2019’

Hai oito anos, o Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba), poñían en marcha a ruta de tapas 'BaideTapas, unha iniciativa que tiña case un triple obxectivo, dinamizar a hostalería, amosar o extraordinario nivel ao que se atopa a gastronomía de Baiona e...

Ponteareas afronta a fase final do PXOM “adaptado ás esixencias da Xunta”

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocará nos vindeiros días aos grupos políticos a unha comisión informativa na que se abordará o PXOM "adaptado ás esixencias da Xunta de Galicia" como paso previo a súa aprobación. Con esta convocatoria o goberno municipal enfila a fase final do...

O PP de Salceda presenta un equipo “comprometido que une mocidade e experiencia”

O PP de Salceda de Caselas fixo público o equipo que conformará a súa candidatura nestas vindeiras eleccións municipais do mes de maio. A candidatura estará encabezada polo actual portavoz popular no Concello de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, que asegura que presenta unha lista que combina “mocidade...

Juan González por unha lista de continuidade “para un futuro cheo de retos”

O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás municipais de maio, Juan González, aposta pola continuidade na súa lista para concurrir ás eleccións do 26 de maio despois de catro anos nos que, como goberno, traballaran arreo conforme ao 'Nigrán para todos' que sempre buscaron conseguir.

A Eurocidade achega a arte a máis de 400 estudantes de Tomiño e Cerveira

Diversión, convivencia e achegamento ao mundo da arte. Eses son os piares das cinco sesións de actividades artísticas organizadas pola Escola Superior Gallaeciade Cerveira en colaboración coa Mesa de ANPAs de Goián e a ANPA Solleiro do IES Antón Alonso Ríos ao abeiro dun dos proxectos gañadores na...

Ponteareas organiza cursos intensivos para potenciar o tecido comercial, empresarial e hostaleiro

A concellería de Comercio, Hostalaría e Consumo, que dirixe Inés Vidal, vén de poñer en coñecemento de todos e todas as comerciantes, hostaleiros, empresarios e emprendedores de Ponteareas que se abre o prazo de inscrición para os cursos de formación que se ofrecerán totalmente de balde ao longo...

Ponteareas renegocia as condicións de cesión do parque Ferro-Ucha

O convenio asinado a finais de 2012 conlevaba a cesión dos terreos sen custe durante un período máximo de catro anos, coa obriga do Concello de aprobar definitivamente o PXOM. Unha vez superados os catro anos, de non estar aprobado o Plan Urbanístico, o Concello tería que...

A legalización definitiva do cemiterio de Priegue pon fin a tres anos de trámites

A ampliación do Cemiterio de Priegue xa é definivamente legal despois de 35 anos sen regularizar. O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou a semana pasada a resolución tras recibir o visto bo definitivo da Consellería de Sanidade despois de tres anos de trámites para adaptalo á...

Mos homenaxea a ‘Xiramos’ polo segundo posto no ‘Trofeo Don Quijote’

Os 14 rapaces e rapazas integrantes do grupo 'Dentro del tiempo' do club patinaxe 'Xiramos' de Mos, foron recibidos esta tarde no salón de sesións do Concello de Mos que, con esta recepción, quería recoñecerlles o magnífico traballo realizado no 'Trofeo Don Quijote' onde acadaron o segundo posto....

Arranca a cuarta edición de DepoRúArte, a aposta da Deputación pola arte urbana

A iniciativa, anual e programada, da Deputación de Pontevedra dirixida á mocidade da provincia 'DepoRúArte' chega á súa cuarta edición centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Deste xeito, no CPI Toural de Vilaboa, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chapela en Redondela, IES Monte da Vila no...

O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevos

O Consello da Infancia e Adolescencia 'Voces Novas' de Tomiño, celebrou esta semana un pleno no Concello, co fin de artellar a estratexia de difusión da campaña de adhesión de novos socios e socias que comezará nestes días, e lograr deste xeito suplantar aos membros que se...

O Porriño adquire un local para aula da UNED

O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED nesta vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018. Pola súa banda, o Partido...

Xosé Represas recupera a Roberto Mera para a política municipal

O alcalde e candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou a inclusión de Roberto Mera no terceiro posto da candidatura do Bloque para as vindeiras eleccións municipais. O segundo posto será ocupado pola actual concelleira Cristina Fernández Davila, edil de educación, persoal e participación...

Ponteareas aposta por dar espazo á creación de empresas e fomento de negocio

O Alcalde de Ponteareas asinou este venres a compra do segundo e do terceiro andar do edificio da Seguridade Social na praza Maior para dedicar este novo espazo á promoción de emprego e de negocios que potencien a economía local, a apoio aos e ás emprendedoras con...

O ‘Okofen’, vencedor da liga de Inverno de J80

O Okofen de Javier de la Gándara volveu deixar a súa marca unha vez máis no territorio dos J80 en Galicia, no que desde hai anos é, sen dúbida, un dos barcos máis destacados e con máis premios na súa traxectoria. Tras recibir hai uns días o título de 'Mellor...

Convocatoria dunha praza de técnico forestal en Oia

O Concello de Oia convoca unha praza de técnico forestal con carácter de persoal laboral temporal. Debido a gran cantidade de requirimentos relativos á limpeza de fincas tramitados nos últimos anos, o Concello vén de iniciar este procedemento co obxectivo de poder axilizar estes trámites e así...

Nigrán reúne a veteranos do Celta na presentación do documental ‘El fútbol por dentro’

O Concello de Nigrán reuníu no serán do venres a xogadores veteranos do Real Club Celta vinculados á comarca como Jorge Otero, Javier Maté, Gustavo Loureiro, Luis Villar ou o mozo Kevin Vázquez (na plantilla do Celta actualmente) nunha xornada de futbol adicada especialmente a eles na...

Eva García reúnese cos traballadores de ‘Levantina’ e levará o problema ante a Xunta

O comité de personal e traballadores de 'Levantina' acudiron onte ao Concello de Porriño para expoñer a súa preocupación polo inminente ERE que a empresa granitera quere aplicar e solicitar a intercesión da alcaldesa. Eva García de la torre, que abriu as portas do salón de sesions...

ACiP “lamenta” o estado da Estación de Autobuses

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe o estado no que se atopa a Estación de Autobuses de Ponteareas que evidencia, sinala, "falta de mantemento diario e asemella que o goberno local busca excusas para pechar definitivamente esta instalación". A situación...

Mariano Rajoy asistirá ao xantar dos populares do Baixo Miño e Louriña

O expresidente Mariano Rajoy arroupará en Mos a Ana Pastor no xantar dos populares do Baixo Miño e Louriña que se desenvolverá o sábado 13 de abril ás 13:30 horas en Sanguiñeda, Mos. Así o anunciaron hoxe os candidatos e candidatas destas comarcas no acto de presentación...

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz estrea horario

A partires desta fin de semana o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda abre novamente as súas portas todas as fins de semana e festivos en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Este sábado entrada...

‘O Mar das Mulleres’, proxecto para a visibilización das mulleres do mar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á profesora universitaria, María Álvarez Lires, deu a coñecer hoxe a novidosa iniciativa 'O mar das mulleres' froito da colaboración entre a institución provincial e a Universidade de Vigo e no marco do proxecto 'Mar en Feminino', que...

‘Degusta Europa’ chega á Praza de Abastos da Guarda o 11 de abril

O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, vinculado á campaña 'Fame de Experiencias' da Deputación de Pontevedra, estará na Praza de Abastos da Gaurda o xoves, 11 de abril, en horario de 11 h a 12 h. A iniciativa que que potencia a...

Belén Villar presenta o seu proxecto ‘Pontecan’ para “mellorar a convivencia cos cans”

A portavoz e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, onte outra das propostas que levará no seu programa electoral e que se engade á zona lúdica con piscinas xa presentada. Desta volta trátase dun proxecto que baixo o nome de 'Pontecan' va...

Baiona abre a inscrición para a oitava edición do ‘Bai de Tapas’

Os establecementos de Baiona que desexen participar nesta nova edición poderán realizar a inscrición ata o vindeiro luns, 8 de abril, nas oficinas da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA). O Concurso, organizado pola Concellería de Turismo de Baiona en colaboración coa Asociación de Comerciantes e...

Escolares ingleses aprenden a navegar en augas de Baiona

Escolares da localidade británica de Manchester navegaron este luns pola baía de Baiona grazas ao ofrecemento do Monte Real Club de Iates. Os alumnos e alumnas, de entre 10 e 11 anos de idade, atópanse estes días de visita no Val Miñor con motivo dun intercambio lingüístico co...

Tres estudantes inician as súas prácticas no Concello de Baiona

Tres estudantes do IES Escolas Proval, iniciaron o pasado luns as prácticas das titulacións de formación profesional de Técnico Superior en Administración e Finanzas e Técnico en Xestión Administrativa. A duración das mesmas será de 380 e 410 horas respectivamente. Trátase de 1 alumna e 2...

A Deputación abre a inscrición para os cursos gratuítos de español para persoas inmigrantes

A Deputación de Pontevedra publicou este luns no BOPPO as bases reguladoras e o extracto dos Cursos de Español para inmigrantes para a preparación do DELE A2 2019. Este proxecto, que xa se levou a cabo o ano pasado, está formado por un total de tres cursos...

Baiona abre a inscrición para un Curso de Autodefensa para Mulleres

O Concello de Baiona vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos cursos de autodefensa persoal dirixidos a mulleres. A actividade é organizada polo Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller, cos fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado...

Play Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega...

César Gil chama a abrir “un tempo novo” co BNG para revitalizar Mondariz Balneario

O candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, presentou ante un cento de persoas as principais propostas do proxecto do Bloque para a localidade. Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato destacou “o...

Ribadetea reclama solucións urxentes ao deterioro hixiénico-ambiental da parroquia

A Plataforma polo Saneamento de Ribadetea asemella que comeza a estar farta de boas palabras e reunións baleiras. Nun escrito remitido aos medios de comunicación, a Plataforma sinala que logo información facilitada por Augas de Galicia e publicada nos medios de comunicación o pasado día 24, "condenamos...

A Academia Galega de Gastronomía visita Arbo

O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, Museo Arabo, de Arbo recibiu na pasada semana a visita da Academia Galega de Gastronomía. Acompañados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, os visitantes tiveron a oportunidade de percorrer o museo, lugar onde constataron a estreita vinculación dos...

Escolares de Nigrán plantan 140 árbores en Porto do Molle

O alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e do Centro de Educación Especial Juan María participaron esta semana na iniciativa do Rotary Club de Vigo, a través do Concello de Nigrán, para repoboar a única zona verde municipal do parque empresarial Porto do Molle sen árbores. Así, a empresa Darlim...

Carme Núñez: “Queremos que Tui marque a diferenza cun modelo alternativo de cidade”

“No BNG queremos que Tui marque a diferenza cun modelo alternativo de cidade que lle dea prestixio ao concello”. Así o manifestou no serán de onte a candidata do BNG á Alcaldía de Tui, Carme Núñez, no acto de presentación dos compoñentes da lista ás eleccións municipais,...

Salvaterra abre o prazo para o campamento de conciliación de Semana Santa

A tenente de alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar o Campamento de Semana que o Concello desenvolve ao abeiro do programa de Concilación Familiar. A actividade, que de desenvolverá do 15 ao 22 de abril cun custe de 10 €,...

Colaboradores