25.5 C
Pontevedra
Sábado, 30 de Maio de 2020

Redacción

Redacción
2326 POSTS 0 COMMENTS

Arbo adxudica a creación dun parque forestal en Bouza de Miguel

O Concello de Arbo, pretende crear o “Parque Forestal Bouza de Miguel”, dacordo coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Arbo, ao abeiro do reparto de axudas a Concellos destinadas a Mellora dos Montes mediante a creación de Parques Forestais por importe de 38.271,74 €.

A Guarda acolleu a terceira proba do IV Campionato Galego inclusivo

O club Deportivo Sen Amarras ven de celebrar a terceira proba náutica do IV Campionato Galego Inclusivo, disputada o pasado sábado día 27 de xullo no Porto da Guarda, enmarcada na celebración da Festa do Peixe Espada. A principal característica da proba é a integración, contando coa participaron de 12 equipos de diferentes localidades, formados por persoas con e sen discapacidade, empregando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela.

O 1 de agosto reactívase a Zona Azul de Tui

A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto...

A mensaxe da Deputación contra as agresións sexuais, protagonista no «Atlantic Fest» e «Sinsal»

A Deputación de Pontevedra estivo presente esta pasada fin de semana por partida dobre nos #FestivaisRíasBaixas coas súas campañas de concienciación medioambiental e contra as agresións sexuais, ao ter coincidido as datas dos festivais Atlantic Fest, na Illa de Arousa, e Sinsal SON Estrella Galicia, na illa redondelá de San Simón.

María Miranda do CPA Condado de Salvaterra, subcampiona galega benxamín

O Club Patinaxe Artística condado de Salvaterra acadou unha medalla no transcurso do Campionato Galego nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil que se disputou en Gondomar. Na categoría Benxamín, Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña conseguia o ouro mentres que a prata e o título de...

Medio centenar de persoas benefícianse dos cursos organizados polo Concello de Tomiño

Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas. Repartidas case por igual...

Salceda solicita á Xunta de Galicia un Plan de Emprego que beneficiará a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. A alcaldesa accidental e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón expresou...

A Guarda recibe a «Fala» unha nena saharauí participante no programa «Vacacións en Paz»

O luns 29 de xullo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu na Casa do Concello a representantes a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí,grazas á cal «Fala», unha nena de 10 anos de idade, pode pasar este verán cunha familia de acollida na vila da Guarda.

Nigrán celebra a festa do seu patrón, San Fiz, con dous días de actividades

O Concello de Nigrán abre o mércores coa festa da escuma na Praza do Concello e as actuacións das orquestras América e Televisión no Ceán os festexos de San Fiz, patrón do municipio. Esta celebración, organizada directamente polo Concello, estenderase por vez segunda vez consecutiva durante dous días (o mércores 31...

Arbo e Crecente benefícianse da programación cultural de agosto da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra levará a súa programación cultural no vindeiro mes de agosto aos concellos de Crecente e Arbo, con propostas dirixidas a todos os públicos e que se desenvolverán sobre todo nos espazos públicos destes municipios. Así, Anxo Moure e Servando Barreiro...

Digna Rivas rexeita ante o Consello de Administración da Autoridade Portuaria que Rande convírtase nun almacén de contedores

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresou o pasado venres na reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, o seu máis “fondo rexeitamento a que a parcela de Duches, en Rande, sexa destinada ao almacenaxe de contedores. Dende o Concello informouse do cambio de membro...

ACiP esixe o cumprimento do acordo plenario sobre a exención do imposto de Plusvalía

O Grupo Municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, pedirá no pleno deste martes 30 de xullo, o cumprimento do acordo plenario aprobado en novembro de 2017 polo Pleno da Corporación, polo que se bonificaba nun 95% ás...

A loita europea contra a contaminación dos mares, comeza en Nigrán

Nigrán, pioneiro nunha chea de cousas, pasará a selo tamén, a nivel europeo, na loita contra a contaminación. O Concello que preside Juan González conta dende esta semana no río Muíños (ao seu paso por Porto do Molle) coa primeira biobarda contra a contaminación de Europa, fabricada...

O novo Centro de Saúde de Salceda estará operativo no 2020

O equipo de goberno de Salceda visitou esta semana as obras de construcción do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. O encargado da construcción do edificio trasladoulles á alcaldesa e aos concelleiros e concelleiras que a acompañaron o estado actual das obras, que avanzan...

A Deputación aposta por “recuperar a seguridade viaria, mobilidade peonil e espazos públicos”

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe diversas melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros, destinadas, como subliñou Carmela Silva, a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución para “recuperar a...

Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

A parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo, no casco urbano de Salceda. A diocese de Tui-Vigo ven de adquirir dito baixo en cumprimento da palabra dada á familia que nos...

«Ringo», «Onza» e «Pelusa», no salón da fama do Trofeo Agility Concello de Ponteareas

A concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, participou na entrega de medallas do «I Trofeo Agility Concello de Ponteareas», no que salientaron pola súa actuación os cánidos Ringo, acompañado de Carlos Vázquez; Onza acompañada de Inés Freire e Pelusa acompañada de Brais Blanco.

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», celebración catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto...

Juan González transmítelle a Corina Porro a urxencia de “desatascar” a situación da rúa Otero Pedrayo

O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo esta mañá na Casa do Concello unha reunión con Corina Porro nun dos seus primeiros encontros oficiais como nova delegada da Xunta en Vigo. A visita, á que asistiron máis membros do goberno local, servíu para que o rexedor lle...

Ponteareas limita o horario dun concerto no Paseo Matutino atendendo ás queixas veciñais

Logo de anunciar a posta en marcha dun Plan de Convivencia e Civismo en Ponteareas, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, adoptou unha primeira medida dirixida a conciliar o dereito ao ocio e o dereito ao descanso da veciñanza. O pasado 2 de xullo a Federación de...

Tres barcos do Monte Real, na cabeza do «Conde de Gondomar»

As clases PSA RETAIL ORC 4-5, RÍAS BAIXAS J80 e MARTIN MILLER FÍGARO foron as encargadas de inaugurar este xoves, día grande de Galicia, a clasificación do 44º Conde de Gondoma –Trofeo Banco Sabadell, que se celebra estes días en Galicia baixo a organización do Monte Real...

Nigrán crea dúas novas pistas multideportivas en Panxón e no Ceán

O Concello de Nigrán ven de instalar dúas novas pistas multideportivas en Panxón (contorna do pavillón) e no Ceán (rúa Reverendo José María Pérez Alonso), ambas situadas a carón dos respectivos parques infantís e cun investimento total de 27.735 € ao cargo do Plan Concellos 2018 da...

Areeiro recomenda prestar atención ao oídio ante o dano das infeccións mal controladas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un novo aviso fitosanitario no que asegura que neste momento da campaña da viña o oídio é o patóxeno no que se deben centrar as observacións, xa que as infeccións mal controladas poden...

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno

O Concello de Salceda de Caselas vén de lembrarlle á veciñanza que teñen a súa disposición un servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello...

Principio de acordo entre concello e canteiras para bloquear o acceso de bañistas

Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para...

Entrega de diplomas do curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregou os diplomas do curso federativo de monitor de fútbol base. Acompañado do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e de membros da Federación Galega de Fútbol, o rexedor local fixo entrega dos diplomas deste curso avaliado pola Escuela Nacional de Entrenadores da...

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizará unha alfombra floral en Valladolid

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada polo Concello de Valladolid para participar na festa da Virxe de San Lorenzo, para o que elaborará unha alfombra na Praza Maior da capital castelá. Para iso compoñentes da Asociación de Alfombristas de Ponteareas viaxarán o próximo...

Marta Valcárcel presenta o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla ...

O «NigranJazz» presume da internacionalidade do jazz galego e reivindica á muller

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no esteiro de A Foz (A Ramallosa), abre mañá venres a súa treceava edición cunha primeira xornada na que presumirá da internacionalidad do jazz galego e na que reivindicará o papel da muller nesta música co trío Hey Cats. Así, os...

A Praza do Seixo de Tomiño acolle o «XXVI Encontro dos Pobos»

A Praza do Seixo de Tomiño, acolle este venres 26 de xullo, dentro do ciclo «O Son da Praza», a 26ª edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas «Do Lusco ó Fusco», coa colaboración do Concello. O festival é para todos os públicos...

O Rosal reclama, na rúa, unha sanidade pública, digna e de calidade

“Reivindicamos e defendemos o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade”, dixo a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, ante os centos de veciños que encheron a Praza do Calvario respondendo ao chamamento ralizado dende o Concello para reivindicar...

Medio cento de colectivos e promotores, no encontro sobre espectáculos en dominio público

Máis de medio cento de representantes de colectivos sociais e promotores de eventos e espectáculos públicos participaron onte nun encontro informativo organizado pola Concellaría de Bo Goberno do Concello de Ponteareas para informar sobre o novo procedemento de ocupación de dominio público para actividades e espectáculos.

Alto Minho, Salvaterra e Vilanova de Arousa prepáranse para vivir «O Mundo a Dançar»

Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Povo de Barbeira, entre o 27 de xullo e 5 de agosto desenvolverase, a unha e outra beira do río Miño, o «34º Folk Monção O Mundo a Dançar» que, como en anteriores edicións, promete volver a encantar a milleiros de persoas...

O Mercado Municipal de Tomiño acolle a mostra colectiva «Unha de tres»

Até o 31 de agosto pode visitarse no Mercado Municipal de Tomiño a mostra «Unha de tres»; unha exposición plástica colectiva, na que Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati expoñen collages figurativos ou abstractos cun fondo crítico á situacións sociais e políticas actuais. Emilio Cabeiras, iniciado na Escola de...

Ponteareas achega aos máis peques ao Mercado Municipal a través de curso de cociña

A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, colabora con Banastra na promoción da praza de abastos como punto de referencia de produtos frescos e de calidade. A praza de abastos, que conta con aparcamento para a clientela, ofrece proximidade e o asesoramento dos profesionais...

Carmela Silva, “a provincia temos que construíla entre todas e todos”

Só tres semanas despois da toma de posesión o goberno reuniu ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes e presentou as grandes liñas que marcarán o mandato: transición ecolóxica, axenda urbana, máis dereitos, axenda dixital e innovación. “Este é o noso proxecto para...

Mos homenaxea a Juan Ferron e ao C.N. Mos pola excelente tempada

A Casa do Concello de Mos foi escenario, na tarde de onte, do acto de recepción a Juan Ferrón, deportista do Club Natación Mos, que participou na World Paralimpic Series de Berlín con excelentes resultados; e aos demais nadadores e nadadoras do Club Natación Mos –47 en total– pola...

A Guarda contratará a catro persoas desempregadas dentro do programa «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra

O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 persoas en situación de desemprego. As e os solicitantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego como...

O Rosal continúa coas reunións de #AVeciñanzaConta co club Acanor Atlético Novás de Balonmán

Dentro do programa #AVeciñanzaConta, o Goberno local do Rosal celebrou onte unha unha reunión coa directiva do club Acanor Atlético Novás de balonmán, unha xuntanza na que se falou sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano. O Acanor Atl. Novás...

Vinte e catro persoas da zona fórmanse coma adestradoras de fútbol base en Tomiño

Vinte e catro persoas superaron o Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), coa colaboración do Concello de Tomiño. Entre os participantes hai cinco mulleres de Tomiño e Comarca do Baixo Miño, case todas, xogadoras...

Colaboradores