26.8 C
Pontevedra
Venres, 29 de Maio de 2020

Redacción

Redacción
2322 POSTS 0 COMMENTS

Redondela pon en marcha ‘Faino por todxs’, unha campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19

O Concello de Redondela, vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña de sensibilización e prevención contra a COVID-19 que, baixo o nome de ‘Faino por todos e por todas’ busca poñer os medios precisos para garantir a seguridade dos veciños e veciñas do municipio nesta pandemia do coronavirus.

A Concellería de Innovación de Ponteareas porá en marcha unha aplicación para obter o ticket electrónico de atención cidadá

O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, deu a coñecer a implantación nestas semanas dun novo sistema intelixente de atención cidadá en tódolos departamentos que prestan actualmente servizos de atención ao publico.

A Guarda establece un plan de actuación para retomar a atención presencial dos servizos municipais

Este martes, 12 de maio, reuniuse no salón de plenos do concello da Guarda a Mesa de Negociación para dar traslado dos traballos que se están realizando por parte do equipo de Goberno dende o inicio do estado de alarma, o 14 de marzo, e tamén da elaboración de protocolos previos á reapertura de determinados servizos. Esta semana procedeuse a atender, con cita previa, na Biblioteca Municipal, no Punto Limpo, así como na Casa do Concello.

Baiona inicia, mañá xoves, a reapertura gradual da Biblioteca Pública Municipal e a Casa da Navegación

Coa posta en marcha da denominada Fase 1 do ‘Plan de Transición cara á Nova Normalidade’ o Concello de Baiona iniciará o xoves 14 de maio o proceso de reapertura gradual das instalacións da Biblioteca Pública Municipal e do Museo Casa da Navegación que se fará “priorizando as medidas se seguridade que garantan a saúde tanto dos usuarios e usuarias coma do persoal municipal”, adianta a concelleira de Cultura, Miriam Costas.

As medidas de protección impulsadas polo Concello da Neves axudan a que o municipio rexistrase un só caso de COVID-19

Ante a entrada na 'fase 1' da desescalada da limitación da mobilidade por mor da pandemia do Covid-19, o Goberno municipal das Neves vén de facer públicas as medidas aprobadas polo Goberno do Estado e de lembrar a necesidade de seguir gardando a distancia social, o lavado frecuente de mans e uso de mascarilla nos supostos recomendados.

O Concello de Tui recomenda transitar pola dereita nas beirarrúas

Ante a crise sanitaria xerada polo COVID-19 e tendo en conta as recomendacións sanitarias dende o concello de Tui recoméndase á veciñanza transitar sempre pola dereita nas beirarrúas, para deste xeito evitar cruzarse con algunha persoa en sentido contrario e mantendo así a distancia de seguridade.

Tomiño participará na Asamblea Estatal ‘Eurodesk’ de maneira virtual

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, asistirá virtualmente, o vindeiro 3 de xuño, á Asamblea Estatal de Multiplicadores Eurodesk que ía ter lugar en Mollina (Málaga), pero que debido á crise sanitaria, non poderá celebrarse de forma presencial, tal coma estaba previsto.

A Concellería de Cultura de Ponteareas aposta por un Día das Letras Galegas virtual con dúas interesantes actividades

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas vén de animar a toda a cidadanía a participar nas iniciativas 'Tesouros da Lingua' e 'Carvalho na rúa voz', promovidas con motivo do Día das Letras Galegas que, por mor da pandemia do Covid-19, non poderá contar coas súas tradicionais actividades de rúa o vindeiro 17 de maio.

O AECT Miño consegue o compromiso da Delegación do Goberno de interceder ante os ministerios de Sanidade e Interior para a apertura de máis pasos na fronteira do Miño

O director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, manifestou a súa “satisfacción” trala reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a quen trasladou a petición da apertura de máis pasos na fronteira de Portugal para aliviar a situación de milleiros de traballadores e traballadoras que só poden cruzar a ‘raia’ polo paso de Tui-Valença e realizan rodeos de ata 100 quilómetros.

Salceda de Caselas porá en marcha un Gabinete Psicolóxico

O Concello de Salceda botará a andar este ano un gabinete de atención psicolóxica que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete suporá un investimento anual de 10.925 €, e estará financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Os Servizos Sociais de Tui coordinan a atención as persoas vulnerables durante o estado de alarma

Detectar e prestar atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, facilitar material de protección e coordinar a atención foron tres dos eixos sobre os que xirou o traballo dos Servizos Sociais Comunitarios ao longo das últimas semanas coa crise do Coronavirus. Este departamento municipal mantivo o traballo dende a casa do concello contando co apoio continuado da Policía Local e Protección Civil.

Arranca na rede a escrita de ‘Caramomia’, a novela xuvenil interactiva promovida pola Deputación de Pontevedra

Coa presentación do primeiro dos seus catro personaxes principais, Roque, arrancou hoxe na rede Instagram a novela 'Caramomia', a nova iniciativa cultural que promove a institución provincial e que busca implicar á mocidade na lectura a través da publicación por entregas desta historia xuvenil de misterio. Trátase dun proxecto que está asinado a Oito Mans por dúas e dous dos autores máis recoñecidos da comunidade, Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico (pseudónimo de Miguel López) e que se pode ler tamén na propia web da Deputación de Pontevedra.

Oia reanuda o proceso selectivo para a contratación de 10 persoas ao abeiro do Plan Concellos

Tras a suspensión de todos os procedementos nas Administracións públicas por mor do estado de alarma para xestionar a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, este luns 11 de maio reanúdase o proceso selectivo para a contratación de 10 traballadores ou traballadoras ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Hoxe entraron en vigor as medidas de seguridade para a reactivación do ttransporte público de competencia autonómica

Hoxe entraron en vigor as novas medidas para a reactivación do transporte público de viaxeiros de competencia autonómica en condicións de seguridade para usuarios e traballadores. A orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado venres, 8 de maio, recolle as medidas que se aplicarán para garantir, en todo momento, a seguridade de traballadores e viaxeiros e facilitar a atención ás necesidades de mobilidade, de acordo á evolución da situación sanitaria.

EU Ponteareas propón a creación dunha oficina única para todo o relacionado coa crise da COVID-19

Esquerda Unida Ponteareas vén de propoñer ao Concello de Ponteareas a creación dunha oficina única de información con respecto a todo o relacionado coa crise da COVID- 19 "á que a veciñanza de Ponteareas poda recorrer para aclarar as súas dúbidas". Isto serviría tanto para facilitar a vida da veciñanza como para axudar a que se cumpran as normas por parte da mesma.

O Concello da Guarda solicita a Portos de Galicia e Costas do Estado a anulación da taxa de terrazas do ano 2020

O concello da Guarda aprobou, no pleno extraordinario celebrado o 5 de maio, unha modificación da ordenanza fiscal de ocupación por terrazas. A nova redacción conleva a anulación da taxa por mesas e cadeiras en solo de competencia municipal polo que agora o Concello pide a Portos de Galicia e Costas do Estado, que adopten a mesma medida no sólo que lle é da súa competencia.

Redondela publica as bases para a concesión de axudas sociais específicas da COVID-19

O Concello de Redondela vén de anunciar a publicación das bases e convocatoria que rexerán a concesión de subvencións de Axudas Sociais COVID-19, unha iniciativa orientada a dar resposta á crise provocada pola expansión do coronavirus e a conseguinte paralización de sectores económicos que supoñen o cese da actividade laboral.

A Deputación mellora nas neves a seguridade viaria da EP-4201 no treito Setados-Ribarteme-Vide

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o proxecto de execución da obra de mellora da seguridade viaria na estrada EP-4201 Setados-Ribarteme-Vide, situada no concello das Neves, entre os puntos quilométricos 0+000 e o 3+930. Deste xeito, os traballos de saneamento deste tramo contan cun orzamento de 335.501,15 euros e cun prazo de execución de seis meses.

O mercadillo de Sabarís reinicia a súa actividade o luns 11, de xeito parcial e só con postos do sector agroalimentario

O vindeiro luns, 11 de maio, o mercado de Sabarís reiniciará a súa actividade, suspendida dende a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. A reapertura programada polo Goberno de Baiona, realizarase de 'xeito escalonado' para poder ir adaptando esta cita semanal dos luns “a esa nova normalidade que nos toca vivir e que, en moitos aspectos, marcará un antes e un despois da crise da COVID-19”, explica o alcalde, Carlos Gómez.

Axentes da Policía Local do Porriño reaniman a unha nena de 2 anos que estaba atragoada e xa non respiraba

Dous axentes da Policía Local do Porriño lobraron reanimar con éxito, ao redor das 19:40 horas de onte sábado, a unha nena de 2 anos que estaba atragoada e xa non respiraba. Os pais da nena acudiron á Xefatura da Policía Local coa nena explicando que acababa de atragoarse na casa. Un dos axentes que estaban de garda, fixo a manobra de reanimación cardiorrespiratoria a que respondeu co éxito, namentres o outro axente solicitou unha ambulancia.

O Goberno de Redondela manterá as franxas horarias estipuladas no estado de alarma

A liberdade horaria anunciada pola Xunta de Galicia para 1.428 parroquias de toda a comunidade que terán liberdade horaria para pasear e facer deporte, non se aplicará no Concello de Redondela, segundo anunciaron onte a alcaldesa Digna Rivas e a segunda tenenta de alcalde e portavoz de AER, Susana Couñago, e, polo tanto, seguirán vixentes as franxas horarias establecidas no Decreto do estado de alarma.

O Goberno de Baiona explicará aos grupos da oposición o plan de seguridade para as praias cara ao verán

O vindeiro luns, o Goberno de Baiona dará a coñecer aos grupos da oposición as medidas de seguridade que se adoptarán nos areais do municipio, así como nas rúas máis céntricas do casco urbano e naquelas que maior afluencia de persoas rexistran ao longo do día. A praia da Ribeira será onde se realice a 'proba piloto' coa intención de posteriormente, aplicala ao resto de areais con vistas ao comezo da tempada de verán.

Nigrán convocará un pleno extraordinario telemático para aprobar o Orzamento 2020

O goberno de Nigrán convocará para este mes un pleno extraordinario telemático para presentar o orzamento de 2020 cunhas contas de 14.064.655 € e o recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de 100.676 € correspondentes a 141 facturas de traballos convintemente realizados. Nigrán reafirma a súa aposta polo servizos incrementando a partida de Axuda a Domicilio dos 165.000 euros aos 580.000 €.

A Policía Local de Ponteareas detecta un “alarmante aumento” das infraccións dende a implantación das franxas horarias

A Policía Local de Ponteareas ven detectando un alarmante aumento das infraccións desde que o pasado sábado día 2 de maio se implantaron as faixas horarias de saída á rúa. Desde o inicio do estado de alarma a Policía Local levantou un total de 114 actas de denuncia das que máis de 20 se corresponden cos últimos días.

O Concello de Redondela colabora coas mariscadoras na retirada de algas dos bancos marisqueiros

O concello de Redondela colabora coas mariscadoras na retirada de algas nos bancos marisqueiros. Concretamente na praia de Cesantes nunha xornada de traballo incansable das mariscadoras de Redondela retirando “abono”, como lle chaman estas mulleres do mar a esta manta de algas que se forma e que pon en perigo os cultivos dos bancos marisqueiros.

Tui pon en marcha unha plataforma de venda online para o comercio local

O Concello de Tui ultima posta en marcha dunha plataforma de venda on line para o comercio que reúna nunha mesma tenda dixital todos os produtos que ofrecen os establecementos locais. Trátase dunha das medidas acordadas pola corporación municipal dentro do Plan de Reactivación Económica para apoiar ao comercio local e contribuír a paliar os efectos provocados pola crise da COVID-19.

A Deputación da un novo impulso no asesoramento TIC ao sector socioeconómico coa ampliación do programa SmartPeme

Co obxectivo de poñer en marcha novos proxectos de Smartpeme destinados a implementar as TIC en novos sectores socioeconómicos, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra da un paso máis no impulso deste programa de asesoramento tecnolóxico ás pemes e persoas emprendedoras e autónomas, coa ampliación do contrato de xestión en case 170.000 euros

A alcaldesa de Salvaterra reunirase co comercio para deseñar unha estratexia conxunta para a promoción do sector

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, reuniuse hoxe sábado cos presidentes das dúas Asociacións de Comerciantes do municipio para explicarlles as medidas adoptadas ata o momento polo Concello na loita contra a COVID-19.

A Feira do Viño do Rosal reinvéntase para adaptarse á nova realidade

Concello e adegueiros do Rosal traballan xa man a man para reinventar a Feira do Viño do Rosal e ofrecer un evento alternativo non presencial co que celebrar a XXVIIII edición os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo. A situación pola que está a atravesar a sociedade a nivel mundial pola pandemia da COVID-19 fai que moitos eventos con alta afluencia de xente previstos para o mes de xullo non poidan celebrarse, polo menos non do mesmo xeito do que se viñan facendo ata o de agora.

O AECT Río Minho pide unha reunión “urxente” con Núñez Feijóo para tratar as consecuencias do peche dos pasos con Portugal

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho vén de solicitar esta mañá formalmente unha entrevista urxente co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co fin de tratar as consecuencias do peche dos pasos na fronteira con Portugal para as poboacións do Miño....

Redondela facilitará a ampliación das terrazas e peonalizará a zona centro durante as fines de semana

Persoal técnico do Concello de Redondela comezou onte cos traballos de revisión dos expedientes das terrazas dos establecementos hostaleiros de cara a estudar a ampliación do espazo que tiñan asignado. A medida ten como obxectivo permitir que poidan manter o espazo de seguridade dous metros entre as mesas “sen que iso supoña unha redución da capacidade e coa clara finalidade de beneficiar a recuperación do sector da hostalaría”, explicou a alcaldesa Digna Rivas.

Ponteareas facilita o distanciamento social dando preferencia ao tránsito peonil no centro urbano

Trala peonalización dos sábados e festivos iniciada a pasada semana a concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera dá un paso máis e adopta novas medidas de apoio á mobilidade peonil para garantir o distanciamento social na crise sanitaria. O concelleiro de Mobilidade e Tráfico lembra que “a rede peonil de Ponteareas é raquítica, ocupa só o 28 % do espazo público fronte ao 72 % que acapara o vehículo a motor".

A ‘feira dos sábados’ de Ponteareas abre mañá a venda de produtos agrícolas na praza de Bugallal

O Concello de Ponteareas deu conta hoxe da reapertura paulatina da actividade da 'feira dos sábados' que mañá reiniciará a súa actividade coa apertura de postos de produtos agrícolas (hortalizas, plantas, froitas...). Estes primeiros postos de venda ambulante de produción agrícola estarán ubicados na praza Bugallal para poder cumprir as esixencias de seguridade e distancia, estando os espazos delimitados e vixiados por Protección Civil.

Nigrán realiza un novo reparto de alimentos non perecedoiros coa doazón de 1.000 euros de ‘La Flor de Nigrán’ e catro compras anónimas

O Concello de Nigrán realizou hoxe un novo reparto semanal de alimentos a domicilio para paliar os efectos socioeconómicos do Covid-19 en 78 familias do municipio, nesta ocasión foron produtos non perecedoiros procedentes dunha compra de 1.000 euros realizada solidariamente pola panadería-confitería 'La Flor de Nigrán' e outras catro compras anónimas cun valor aproximado de 300 €. O número de beneficiarios pasou de 21 familias antes da crise sanitaria a 78 na actualidade, todos derivados de Servizos Sociais.

Agora Cañiza propón uns Pactos pola Reconstrucción económica e social do municipio

O voceiro de Agora Cañiza, Alexandre Iglesias, remitiu un escrito aos líderes de todos os grupos políticos do municipio na que propón a elaboración duns 'Pactos pola Reconstrucción Económica e Social da Cañiza'. Iglesias considera que "é fundamentl deixar a un lado as diferencias políticas e traballar dende a unidade para saír adiante fortes".

O Rosal reanuda o luns 11 a atención ao público de xeito presencial

O Concello do Rosal xa está a tomar as medidas necesarias para a súa reapertura ao público o vindeiro luns 11 de maio. Ese día reanudaranse os servizos de atención ao público de xeito presencial, aínda que seguirá tendo carácter prioritario a atención telefónica e telemática, como viña sucedendo ata o de agora dende o comezo do estado de alarma.

Tomiño aproba novas axudas de emerxencia por alimentos chegando a axudar, ata o de agora, a un cento de persoas

O Departamento de Benestar Social de Tomiño, vén de aprobar esta semana novas axudas de emerxencia por valor de 860 euros, destinadas a cubrir gastos de alimentos, transporte e internet para cinco novas familias(9 persoas, 340 euros) e tamén prórroga por alimentos para outras 4 familias (16 persoas 520 euros).

A problematica do peche da fronteira do Miño chega á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen

A problemática do peche da fronteira no Miño con motivo do COVID-19 chegará á mesa da presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen. O secretario xeral da Asociación de Rexiós Fronteirizas Europeas (ARFE) Martín Guillermo Ramírez, comprometeuse co deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, a dar a coñecer de maneira inmediata e directa á responsable da CE o grande impacto económico que está a sufrir o territorio transfronteirizo do Miño polo mantemento dun único paso na fronteira para as traballadoras e traballadores da zona, unha das máis dinámicas de toda Europa.

O Goberno de Redondela explica á oposición todas as medidas adoptadas dende o comezo da crise sanitaria da COVID-19

“Dende o minuto un da crise sanitaria, o Concello de Redondela puxo en marcha todos os mecanismos precisos centrados nun único obxectivo: salvagardar a saúde dos nosos veciños e veciñas e axudar aos sectores máis vulnerables”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas quen explicou aos grupos da oposición, de xeito detallado, todas as medidas que o seu Goberno desenvolvera ante unha situación de emerxencia “nunca antes dada e que, nalgúns aspectos, marcará un antes e un despois”.

O PP de Ponteareas doa o 50 % do salario para axudas a autónomos e empresas do municipio afectados pola crise da COVID-19

O PP de Ponteareas anunciou o ingreso do 50 % do salario correspondente aos meses de marzo e abril para axudas axudas aos afectados pola Covid-19. Os populares aseguran que para poder facer o ingreso "tiveron que insistir" para que o Concello lles facilitase o número de conta no que realizar dito ingreso.

Colaboradores