24.3 C
Pontevedra
Xoves, 9 de Xullo de 2020

Redacción

Redacción
2533 POSTS 0 COMMENTS

Carlos López Font visita en Redondela seis actuacións financiadas pola Deputación

O deputado provincial, Carlos López Font, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaron seis actuacións acometidas en Redondela por un valor de preto de 118.500 euros financiadas ao abeiro de aforros derivados das adxudicacións do Plan Concellos 2017. Así, levouse a cabo a mellora de camiños municipais en Cedeira, Chapela e O Viso; a ampliación do Rexistro e mellora de aseos na Casa do Concello; o subministro de pizarras dixitais para o conservatorio; subministro de ordenadores; mobiliario urbano para espazos céntricos; e o subministro de equipos de protección para os profesionais que retiran os niños de avespa velutina.

Peche temporal do paseo do río Maceiras de Redondela

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, despois das chuvias torrenciais acaecidas o pasado 18 de Decembro, e previndo que as fortes precipitacións continúen os próximos días, decidiu pechar o paseo peonil que transcorre á beira do río Maceiras.

A Deputación aposta por entrar na rede «Eurovelo» e poñer á provincia no mapa europeo do cicloturismo

Poñer a provincia de Pontevedra no mapa europeo do cicloturismo e ofertar a calquera que lle guste percorrer un territorio en bicicleta unha ruta de calidade e segura homologada. Ese é o obxectivo da Deputación de Pontevedra, que onte presentou a candidatura da provincia para entrar no EuroVelo, unha rede de 16 rutas de longa distancia que conectan todo o continente europeo con itinerarios ciclables tanto de uso turístico como para a vida cotiá avalados pola Federación Europea de Ciclismo.

O «Calendario Galego de Ponteareas» descobre recunchos máxicos da súa paisaxe

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, vén de animar á veciñanza á participación no acto de presentación do 'Calendario Galego de Ponteareas' este sábado día 21 ás 18 horas no salón de plenos da Casa do Concello, un calendario froito da escolma fotográfica realizada polo xurado do concurso de fotografía convocado para o deseño deste calendario que nos acompañará ao longo do ano 2020.

A comunidade educativa do CRA «María Zambrano» do Rosal colabora na remodelación da súa biblioteca

Esta pasada fin de semana, nais, pais e profesorado do CRA 'María Zambrano' do Rosal traballaron xuntos para instalar o mobiliario das novas instalacións na biblioteca que o centro escolar ten na escola de Tabagón. O 'María Zambrano' accedeu a unha axuda da fundación La Caixa para dotar de mobiliario e material escolar a unha aula multisensorial.

ADENCO festexa os seus 30 anos de actividades micolóxicas

O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou o sábado, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas e arroupado por numeroso público e representantes políticos da Comarca, os seus 30 anos de actividades micolóxicas continuadas.

Nigrán lanza unha campaña de recollida e reprantación de árbores de Nadal

O Concello de Nigrán presentou hoxe no CEIP A Cruz (Camos) a súa primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal para a súa posterior replantación co obxectivo, ao mesmo tempo, de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Esta iniciativa, pioneira na comarca, terá como resultado un novo bosque de abetos e pinos no espazo público do parque de Poutón (Vilariño).

Continua a programación navideña na Guarda pese á suspensión do Mercado de Nadal

Debido aos graves danos sufridos durante a tarde de onte nas carpas instaladas na Praza de Avelino Vicente, a empresa encargada da súa montaxe decidiu retiralas todas ante a posibilidade de que as dúas que quedaron en pé puideran acabar sendo danadas durante a noite polas fortes rachas de vento.

O auditorio de Ponteareas acolle o concerto da Banda de Música do Conservatorio de Vigo

A Banda de Música do Conservatorio Superior de Vigo actuará no auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas este mércores, 18 de decembro, ás 18:30 horas.

Nova vida para os antigos colexios de Salceda de Caselas

O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de decembro a proposta de afectación das antigas escolas de Revolta, Budiño, Picoña e San Xurxo para destinalas a usos sociocomunitarios unha vez que todas elas obtiveron o visto bo da Xunta de Galicia para desafectalas do uso educativo.

Trece positivos en alcohol e drogas no control conxunto da Policía Local do Porriño e Garda Civil

Mañá martes 17 un conductor acusado dun delito contra a seguridade vial será sometido a un xuizo rápido nos Xuzgados do Porriño. O conductor, que cuadruplicaba, a taxa de alcoholemia e tiña o permiso de conducir retirado por dúas sentezas xudiciais, foi interceptado nun control conxunto realizado pola Policía Local e a Agrupación da Garda Civil de Tráfico.

Ponteareas prepárase para correr a San Silvestre en axuda das familias máis necesitadas

Como cada ano a lona da carreira solidaria San Silvestre recibe ás e aos que chegan a Ponteareas na entrada da avenida de Galicia. O vindeiro 31 de decembro a cidadanía volverá xuntarse para facer deporte e para amosar que un gran de area pódese converter en toneladas de axuda para o centro de reparto de alimentos de Ponteareas.

Novo vehículo de emerxencias para o GES da Guarda

O pasado mércores día 11 de decembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do concello da Guarda recibiu un novo camión tipo Bomba Rural Lixeira (BRL) que será empregado tanto para incendios urbanos coma forestais e diversas incidencias coma accidentes de circulación.

Nigran abriu este luns a inscrición para a excursión a «Perlim» o 26 de decembro

O Concello de Nigrán abre dende o luns 16 de decembro ao venres 20 o prazo de inscrición para acudir ao parque temático de Nadal 'Perlim', en Santa María da Feira, Portugal, o 26 de decembro. Os interesados deben anotarse de 9:30 a 13:30 na Oficina de Información Cidadá do Concello e o custe é de 6 € (os menores de 3 anos non pagan) que inclúe transporte en autobús e entrada ao recinto (o pago realizarase no mesmo día da saída).

Oia reforma e mellora a accesibilidade das Escolas de Loureza

O Concello de Oia vén de acometer as obras de reforma e mellora da accesibilidade do local das antigas Escolas de Loureza, unha actuación desenvolvida ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras consistiron na unificación, nun só local, dos dous edificios de escolas existentes.

Eva García de la Torre, absolta por segunda vez nun asunto relacionado coa súa profesión de avogada

Eva García de la Torre coñeceu hoxe a sentenza que a absolve por segunda vez dun suposto delito de falsificación de documento público no eido da súa profesión como avogada, en todo caso anterior a súa etapa actual como alcaldesa do Porriño.

Rematan as «Vacacións con Traballo» en Mozambique dun técnico ambiental do Concello de Redondela

Jesús Bravo, técnico medioambiental do Concello de Redondela vén de rematar a súa estancia dun mes en Mozambique, tempo no que estivo asesorando aos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en materia de xestión do lixo.

Rúa Concepción Arenal, unha referencia peonil e comercial no centro da Guarda

O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron os traballos de mellora da mobilidade da rúa Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto. As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53 %. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.

O C.B. Nigrán segue apostando pola solidariedade nunha nova edición de «Encesta un alimento»

Un ano máis, o C.B. Nigrán envórcase con aqueles que aquelas que máis o precisan organizando unha nova edición do O torneo solidario 'Encesta un alimento'. A iniciativa ten tanto de solidaria –que o é sen ningún tipo de dúbida– como de ferramenta para inculcar valores, sobre todo nos máis pequenos, como propia solidariedade, algo que no C.B. Nigrán traballan como ninguén, tanto a directiva como o corpo técnico e que son un exemplo a seguir.

Marta Valcárcel, “a mellor obra que podemos facer a día de hoxe en Salvaterra, é crecer”

Marta Valcárcel é, dende xuño deste ano, alcaldesa de Salvaterra de Miño. Colle a nova rexedora local a testemuña dun ‘histórico’ como Arturo Grandal Vaqueiro e convértese na primeira alcaldesa da vila fronteiriza para afrontar retos de futuro que permitan continuar a liña de crecemento sostido que mantén Salvaterra dende hai anos.

Carmela Silva inaugura as obras do Complexo Deportivo da Lagoa, en Mondariz

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou este sábado as renovadas instalacións deportivas da Lagoa, en Mondariz. Silva, que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Emilio Barros, e o presidente do Mondariz C.F, José Manuel Vicente, puxo esta actuación como exemplo de actuación pública que fai posible asentar poboación no rural, proporcionando servizos de calidade no territorio.

Canarias e Galicia manteñen a loita pola Liga Española de Vela

A 'Liga Española de Vela–Trofeo Loterías y Apuestas del Estado' enfilou este sábado a súa recta final en Baiona tras a celebración da segunda xornada de probas, nas que a tripulación do Real Club Náutico de Arrecife, que viña líder da primeira rolda, logrou manterse na cabeza.

O “plantón” dos sindicatos á Mesa de Negociación atrasa a aprobación do Orzamento de Ponteareas

A previsión do goberno do BNG e PSOE de aprobar os presupostos de 2020 no vindeiro pleno ordinario do día 26 vén de quedar truncada logo do "plantón" que, segundo o Goberno local, lle deron os os sindicatos ao non presentarse á mesa de negociación convocada o pasado mércores.

Gran estrea en Galicia da «Liga Española de Vela»

Gran estrea en Galicia da liga Española de vela 'Trofeo Loterías e Apostas do Estado', que o Monte Real Club de Iates organiza estes días en Baiona por delegación da Real Federación Española de Vela. As Rías Baixas recibiron este venres á frota de 10 participantes dos diferentes clubs españois que aspiran a converterse no representante nacional na liga Europea de Vela, un privilexio que se lle concederá ao gañador desta competición.

O alcalde e a concelleira de Deportes da Guarda, felicitan públicamente ao Mecalia Atl. Guardés

Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, trasladaron os seus parabéns para o equipo, directivo técnico e xogadoras do 'Mecalia Atl. Guardés' tras conseguir o galardón de Mellor Equipo Feminino 2018, xunto co Burela Fútbol Sala Feminino, un premio que concede anualmente a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O BNG de Ponteareas urxe á xunta a que informe das previsións para o saneamento de Ribadetea

O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, presentou unha iniciativa que se debaterá no Parlamento Galego para urxir á Xunta a que cumpra os seus compromisos en relación co saneamento da parroquia ponteareá de Ribadetea. Luís Bará e Xosé Represas reuníronse en Ribadetea coa Plataforma polo Saneamento para darlle a coñecer a iniciativa do BNG demandando á Xunta informe das previsións para a redacción do proxecto integral de saneamento.

Concello do Rosal e ANPA do CPI «Suárez Marquier», asinan un convenio para o uso do comedor escolar

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a presidenta da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier, Milagros Pérez Enríquez, asinaron hoxe o convenio de uso do comedor escolar habilitado polo Concello en dependencias da Escola de Oficios, contiguas ás instalacións do centro educativo.

O Conservatorio da Guarda presume de coro

Este xoves día 12 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda foi o escenario elixido para a celebración do 'Concerto de Nadal' do Coro do do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, que ven de cumprir o seu primeiro ano de actividade, e que estaba incluído dentro da Programación de Nadal 2019/2020 do Concello guardés.

Gregorio Agís visita as obras de seguridade viaria da Deputación en Crecente

O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, visitaron os traballos de consolidación do noiro na rúa Mon y Landa na EP-5005 e na estrada autonómica A Cañiza-Pousa (PO-400). As obras, xa rematadas, foran adxudicadas por 57.732,10 euros, sendo COVSA a empresa adxudicataria do contrato.

Carmela Silva, “non teño ningunha dúbida, o mundo local é o gran centro da acción polo clima”

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva participou na clausura do Cume do Clima COP25 onde interveu na mesa de debate 'Os compromisos internacionais dos gobernos locais', no marco da xornada 'Os retos dos gobernos locais fronte ao cambio climático', que foi inaugurada no IFEMA de Madrid polo Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e polo presidente da FEMP Abel Caballero.

O Goberno de Ponteareas cualifican de “despropósito” o pintado da Avenida de Castelao

A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera, tacharon de "despropósito" e "grave irresponsabilidade" o pintado da Avenida de Castelao por parte da Xunta de Galicia. Ambos edís lembraron que as obras de asfaltado concluiron hai uns dous meses e o pintado continua incompleto.

O CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián premia «á viaxe dunha vida»

O colexio 'Pintor Antonio Fernández' de Goián entregou hoxe o primeiro 'Premio á Diversidade' dos 18 que entregará este curso a unha persoa ou colectivo que leve a cabo algunha iniciativa que axude no camiño cara un mundo máis diverso no que prime o respecto e a tolerancia.

«Merca Nadal» de Ponteareas abre as súas este domingo

O Centro Comercial Aberto 'Banastra' de Ponteareas abrirá as súas portas este domingo 15 de decembro, en horario ininterrompido, para que todas as familias poidan facer as súas compras de nadal sen presas. O Merca Nadal abrirá as súas portas na carpa da praza Maior de 11 h a 20 horas.

Nigrán acolle, o martes, unha xornada técnica sobre o cultivo de froitos do bosque

Técnicos agrícolas da Asociación Forestal Galega (ASEFOGA) ofrecerán este martes de 19:00 h a 21:00 horas no local social de Chandebrito (rúa do Turreiro, 4) unha xornada técnica sobre o cultivo de froitos do bosque en Galicia a tenor, precisamente, da plantación piloto realizada en terreos da Comunidade de Montes Chandebrito grazas a un convenio coa Deputación de Pontevedra no que colabora o Concello de Nigrán.

Isabel Blanco presenta en Redondela o seu libro «La muerte de Marilyn y otros relatos»

A Casa da Cultura de Redondela acolle, este venres 13 de decembro ás 19 horas, a presentación do libro de Isabel Blanco «La muerte de Marilyn y otros relatos». Cinco historias nas que o amor e a morte forman parte de todas elas.

Reciclaxe, inclusión e diversidade, protagonistas do Nadal máis sostible da Deputación

A aposta do Goberno de Carmela Silva polo respecto ao Medio Ambiente e a transición ecolóxica xa se reflexa este Nadal na decoración elixida para o Pazo Provincial de Pontevedra. Deste xeito, a presidenta provincial manifestou que “ten que haber un compromiso cos parámetros dos ODS proxectos pola ONU, porque o noso planeta non soporta que sigamos a tratalo como estamos a facer".

A Asociación de Empresarios de Mos busca participantes para o seu «Programa Integrado de Emprego»

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de concecer á Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) por décimo ano, un Programa Integrado de Emprego, consolidando así o seu compromiso social e contribuíndo á xeración do emprego, tanto no Concello de Mos como da contorna.

O Mercado de Nadal da Guarda abre as súas portas esta fin de semana

Despois do arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal a pasada fin de semana, dende este venres comeza o Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), tamén as primeiras actividades programadas na Praza de Juan Bautista (Monterreal) e continúa aberta a Pista de Xeo da Alameda.

O comercio de Arbo repartirá máis de 3.500 euros entre os seus clientes no Nadal

O Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña 'Comprar en Arbo ten premio', en colaboración coa Asociación de Comerciantes do municipio, na que participan máis de oitenta establecementos que repartirán, entre a súa clientela, rifas polas súas compras do Nadal.

Representantes do Consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas, nas xornadas «Cidades Amigas da Infancia»

O consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas estivo hoxe presente nas III Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia, organizado pola FEGAMP en colaboración con UNICEF. Acompañadas da concelleira de Ensino e tenenta de alcalde, Cristina Fernández, e do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, Hirut Philippon Salinas e Nicolás Paul Quiroga Snyder representaron ao Consello ponteareán para falar de asuntos relacionados co Ensino.

Colaboradores