8.3 C
Pontevedra
Sábado, 5 de Decembro de 2020

Redacción

Redacción
4527 POSTS 0 COMMENTS

A Subdelegación do Goberno entrega 48.000 máscaras a Cermi, Cruz Vermella e Cáritas para a súa distribución entre a poboación máis vulnerable

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou hoxe no dispositivo de entrega de 48.000 máscaras ás entidades sociais da provincia para o seu reparto entre a poboación máis vulnerable.

Remata con éxito o obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VI na Guarda

No mes de novembro de 2019 arrancaba na Guarda o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, un programa mixto de emprego e formación no que participaron un total de 20 persoas que veñen de acadar un certificado de profesionalidade.

Hoxe rexístranse un total de 7.806 casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.806 deles 1.659 son da área da Coruña, 951 da de Lugo, 458 da de Ourense, 1.156 da de Pontevedra, 2.021 da área de Vigo, 860 da de Santiago, e 701 da de Ferrol.

Nigrán arranca unha campaña de promoción do comercio local no Nadal que inclúe máis de mil euros en vales para consumir na hostalería

O alcalde de Nigrán presentou, xunto a Asociación de Empresarios Ovalmi, a campaña de promoción do comercio local 'Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán' e o hashtag '#VivoEnNigránComproEnNigrán'.

O CAAN da Deputación de Pontevedra segue a batir récords e supera xa as 500 adopcións neste 2020

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra segue a ter un 2020 de récord. Se a finais do pasado outubro lograba bater a súa marca histórica de adopcións anuais, que estaba en 466 animais, esta mesma semana as instalacións da Armenteira xa lograron superar os 500 cans e cadelas.

Un grupo de surfeiros rescata a un home en apuros no mar en Nigrán

Varias persoas que practicaban surf a tarde de onte en Praia América rescataron a un home que se atopaba en apuros na auga a quince metros da beiramar.

Os pequenos e pequenas de Gondomar recibirán unha videochamada persoal dos Reis Magos este Nadal

Ante a mensaxe que se transmite constantemente e que se converteu xa en lema sobre que “este ano o Nadal será diferente”, o goberno de Gondomar deseñou un programa de actividades e accións “co que pretendemos salvala para todas e todos, e axudar a que sexa igual de máxica e chea de ilusión que en anteriores edicións”, asegurou o rexedor Paco Ferreira.

O Concello de Ponteareas actualiza as limitacións de tráfico polas obras da rede de calor

O Concello de Ponteareas vén de dar conta que este vindeiro luns luns comezarán os traballos de soterramento da rede de calos municipal na rúa Vidales Tomé o que obrigará ao seu corte ao tráfico rodado. A Concellaría de Mobilidade xa informou aos residentes de Vidales Tomé e de Santa Ana sobre os itinerarios a utilizar para acceder as súas garaxes. Así, accederase a Santa Ana por rúa de Oriente e San Xoaquín mentres que a saída se realizará pola Praza Maior. No caso de Vidales Tomé os usuarios de garaxes poderán acceder en sentido contrario ao habitual de circulación coas debidas precaucións.

O Concello desenvolve obras de mellora no parque de Turbela e outros espazos públicos

O Concello de Arbo desenvolveu, nestes días, diversos traballos de mellora e adecentamento do parque da Turbela e de outros espazos públicos do municipio, traballos que foron posibles a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 16.680,38 €.

A Deputación enche de contido Culturagal coa presentación de ‘Re-Acción Cultural’, a estrea de ‘Acorda’ e a performance de ‘Violencia Zero’

A alianza da Deputación coa Culturgal volveu quedar patente no Pazo da Cultura de Pontevedra. A feira da cultura galega abriuse a piares da acción política da Deputación, como a cultura, a memoria e a igualdade, contando coa presencia da presidenta Carmela Silva e das deputadas de Memoria Histórica e Cultura, María Ortega e Victoria Alonso.

A Subdelegación do Goberno inicia un novo reparto de 192 mil máscaras de protección na provincia

A Subdelegación do Goberno vén de pór en marcha un novo reparto de 192.000 máscaras na provincia. A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou o dispositivo de distribución situado no Parque Móbil do Estado. Con este novo reparto acadase case un millón de máscaras que o Goberno español repartiu na provincia desde o inicio da pandemia.

Galicia por debaixo dos 8.000 casos activos de coronavirus, sitúase en números similares aos de finais de outubro

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.904 deles 1.675 son da área da Coruña, 967 da de Lugo, 473 da de Ourense, 1.136 da de Pontevedra, 2.099 da área de Vigo, 866 da de Santiago, e 688 da de Ferrol.

O Concello de Redondela reafírmase “na solidariedade inequívoca co pobo saharauí” e responsabiliza a Marrocos da ruptura do Alto o Fogo do ano 1991

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas deu lectura onte, no Pleno da Corporación, a unha declaración institucional sobre a situación que se vive no Sáhara provocada pola ruptura do Alto o Fogo de 1991 por parte de Marrocos a quen a declaración apunta “como único responsable da inestabilidade que se xerou e que se pode estender a toda a rexión do Magreb”.

O Concello da Guarda advirte da presenza da Procesionaria do piñeiro e chama a extremar as precaucións coas crianzas

O Concello da Guarda vén de avisar á cidadanía sobre a proliferación da procesionaria do piñeiro e chama a extremar as precaucións tanto cos nenos e nenas coma cos animais domésticos xa que pode provocar fortes reaccións alérxicas.

A Deputación reclama da Xunta “un auténtico plan de rescate para a hostalería e sectores afectados pola pandemia”

A Deputación de Pontevedra celebrou hoxe unha sesión plenaria na que se aprobou unha modificación de crédito, por importe de 150.000 euros, que vai permitir que os concellos da provincia de Pontevedra poidan usar as baixas na adxudicación das obras Plan de Reequilibrio do ano 2017, no marco do operativo provincial do Plan Concellos. “Os concellos poderán utilizar estes recursos en investimentos adicionais”, subliñou o voceiro, Carlos Font, que lembrou que “unha vez máis, a Deputación toma decisións para favorecer aos concellos da provincia”.

O Concello de Ponteareas apela a seguir respectando as medidas de seguridade ante a pandemia tras superar os 100 casos activos

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenenta de alcalde e concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, mantiveron nestas semanas encontros virtuais coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade para analizar a evolución da pandemia na localidade. “Agora...

O Pleno da Deputación reivindica a importancia da educación en igualdade para un futuro sen violencias machistas

O pleno da Deputación de Pontevedra reivindicou hoxe a importancia da educación en igualdade para un futuro sen violencias machistas, no marco da celebración do 25N. Fíxoo ao través dun acto previo á sesión ordinaria da corporación provincial, no que se deu lectura ao manifesto elaborado pola mestra Teresa Domínguez, directora do CRA de Tui que vén de ser gañador este 2020 do Premio Escola do Ano da Fundación Princesa de Girona.

Guillermo Meijón asegura no Porriño que “nunca miramos un Goberno máis comprometido” en suprimir o paso a nivel

“Podemos felicitarnos todos de que o proxecto de soterramento do tren ao seu paso polo Porriño, coa eliminación dese paso a nivel anacrónico, vai ser moi cedo unha realidade”, afirmou hoxe o deputado Guillermo Meijón nunha reunión de traballo coa alcaldesa e concelleiros do goberno municipal.

Galicia continúa á baixa nos casos activos por coronavirus e sitúase nos 8.452

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.452 deles 1.724 son da área da Coruña, 1.060 da de Lugo, 533 da de Ourense, 1.200 da de Pontevedra, 2.268 da área de Vigo, 930 da de Santiago, e 737 da de Ferrol.

Esquerda Unida de Nigrán insiste na convocatoria do Consello do PXOM tralo informe desfavorable da Axencia Galega de Infraestruturas

Esquerda Unida de Nigrán vén de dar a coñecer que, segundo a documentación á que tivo acceso, o pasado 14 de xullo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) informou desfavorablemente o PXOM de Nigrán, polo que deberá ser corrixido e sometido á Axencia novamente.

O Concello de Nigrán creará unha liña de axudas directas a autónomos afectados polo recente peche hostaleiro

O Concello de Nigrán creará unha liña de axudas directas de 120.000 € a cargo do remanente de Tesourería para o sector hostaleiro afectado polo peche sanitario do 4 de novembro. O goberno local ultima os pregos para a convocatoria contemplando unha subvención de 1.000 € para os autónomos e de 600 € para traballadores por conta allea sen dereito a ningún outro tipo de prestación.

Creada a primeira ‘aula de informática’ do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé nas Neves

A Asociación de nais e pais Eira da Liñaza acaba de mercar 12 portátiles para o uso do alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. O colexio comprou 7, creándose así unha aula de informática con 19 portátiles.

O Rosal continúa dando pasos cara a reforma integral do seu mercado municipal

O Rosal continúa dando pasos para a mellora da praza de abastos. Este xoves o Concello aprobaba en pleno por unanimidade a nova ordenanza fiscal e reguladora do mercado, xa que “unha reforma integral do mercado municipal require tamén unha actualización e ordenación da situación a nivel de funcionamento que reverterá nun maior beneficio social”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Microempresas, autónomos con persoal e establecementos hostaleiros poden solicitar desde mañá as axudas específicas do Plan de Rescate da Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das dúas liñas de axuda que faltaban por activar -microempresas e autónomos con persoal a cargo; e establecementos hostaleiros- dentro do Plan de rescate da Xunta de Galicia para apoiar aos sectores máis afectados pola covid-19 e que conta cunha dotación total de 84 millóns de euros.

Mos ofrece un programa de formación en voluntariado ambiental dirixido á mocidade

O concelleiro de Medio Ambiente Sostible e Mocidade do Concello de Mos, Leo Costas, informou de que aínda quedan prazas libres para o programa de voluntariado que se pon en marcha desde a concellería mosense de Mocidade.

O Concello de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non perecedoiros entre 43 familias vulnerables do municipio

O Concello de Nigrán, a través de Servizos Sociais, iniciou hoxe un novo reparto de alimentos entre 43 familias en situación de vulnerabilidade no municipio. Nesta ocasión a achega constou de alimentos frescos adquiridos no pequeno comercio local e de non perecedoiros procedentes de sendas recadacións realizadas recentemente polo GES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes entre o seu alumnado.

O cinema pecha a programación de novembro no Teatro Municipal

Coa proxección da película “Arima” de Jaione Camborda péchase hoxe a programación do mes de novembro no Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 19.30 h con entrada de balde pero previa reserva en tui.gal.

O Grupo Socialista esixe á Xunta incrementar o orzamento para a loita contra a violencia machista con fondos propios en 2021

A responsable de Igualdade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Noa Díaz, esixiu á Xunta incrementar o orzamento para a loita contra a violencia machista con fondos propios para 2021. Díaz, que interveu trala comparecencia da secretaria xeral de Igualdade no Parlamento, lamentou que a Xunta “non avalíe nin analice” os datos existentes para extraer ideas que se “deben converter en accións políticas” que estean “lideradas de maneira directa pola Xunta” á vez que mostrou a súa preocupación polo “escaso alcance” das medidas.

O día 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais de Redondela

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de lembrar a interesadas e interesados que o vindeiro 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de servizos sociais para este ano 2020.

O grupo Helen & Shanna actúa na Praza do Reló da Guarda o vindeiro 5 de decembro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura que xestiona Montserrat Magallanes, retoma o proxecto 'Música nos Xardíns', paralizado por mor da pandemia da Covid-19 no mes de agosto, para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

Baiona aproba os seus orzamentos para o 2021 orientados envorcados no gasto social

O Pleno da Corporación do Concello de Baiona aprobou onte, de forma inicial e cos votos a favor do grupo de Goberno, os orzamentos para o 2021. As contas municipais increméntanse nun 10,72 % pasando dos 8,990,323,96 euros aos 9,954,498,23 euros (preto dun millón de euros), un teito "que garante a prestación dos servizos, con eficiencia e eficacia, para os veciños e veciñas de Baiona, aumenta considerablemente a partida destinada a emerxencia social e potencia os investimentos e actuacións no municipio" sinalou o Goberno baionés.

A Xunta reanudará os exames de oposicións a partir do mes de febreiro

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, anunciou onte que a Xunta prevé volver programar exames de oposicións a partir do mes de febreiro. Neste sentido, sinalou que as probas celebraranse seguindo protocolos de actuación que garantan a súa realización con seguridade de acordo cos criterios das autoridades sanitarias e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Redondela acenderá o alumeado de Nadal mañá venres coincidindo co ‘black friday’ do comercio local

As rúas e prazas de Redondela encheranse mañá, ás 18 horas, de luz e cor co acendido do alumeado de Nadal que o Goberno municipal quixo facer coincidir co 'black friday' do comercio local como medio para dinamizar as rúas e contribuír á recuperación deste sector “fundamental para a recuperación económica do municipio”, sinalaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Comercio, María Castro.

O Concello insta a Xunta de Galicia a paralización dan entrada de materia prima na planta de Aucosa

O Concello de Redondela vén de pedir á Xunta de Galicia que paralice a entrada de materia prima na planta de Aucosa mentres non se teñan rematadas as obras de acondicionamento que eviten os malos cheiros e as verteduras como a constatada o pasado día 24 de novembro polo policía local de medio ambiente que acudiu atendendo unha chamada da veciñanza dando conta da circunstancia.

Carmela Silva enxalza o “grande talento e compromiso” da mocidade e da provincia no fallo do primeiro concurso ‘Reacción polo Clima’

“¡Que talento temos nesta provincia!” asegurou Carmela Silva ao dar a coñecer o fallo do primeiro certame audiovisual “Reacción polo clima”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, mostrou o seu orgullo polo grande nivel dos audiovisuais presentados e polo “grande compromiso” da mocidade da provincia. Manuel Albariñas e Yago Rodríguez, de Marín, álzanse co primeiro premio por (IN)CONSCIENTE, unha peza “impactante, que nos fai reflexionar, que nos toca e posiciona fronte ao que estamos a facer co planeta”. Pola súa banda Carmen Villanueva, de Silleda, e Ana Isabel González, de Vigo, acadaron o segundo e terceiro premio polos audiovisuais O cambio climático, non pases de largo e Pequenos xestos, grandes cambios.

Doazón de “Fundación La Caixa” e CaixaBank ao Banco de Alimentos do Porriño

O almacén do Banco de Alimentos "SOS Porriño" recibirá esta tarde unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada por CaixaBank que canaliza unha axuda da "Fundación La Caixa".

O BNG forza a celebración dun pleno extraordinario para abordar a rexeneración do paseo de Troncoso

O BNG forzou a celebración dun Pleno Extraordinario en Mondariz Balneario, co obxectivo de analizar a situación do paseo de Troncoso e consensuar o modo de abordar a súa rexeneración.

Este Nadal a Deputación de Pontevedra levará o teatro aos fogares de toda a provincia con “Prendendo Butacas na Casa”

A Deputación de Pontevedra mantén o seu apoio decidido ao sector cultural e para elo reconverte o seu programa teatral “Prendendo Butacas” á versión online, “Prendendo Butacas na Casa”.

O Concello de Oia aproba no pleno o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

O Concello de Oia xa conta co seu propio Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un documento onde se inclúen medidas para frear o cambio climático e reducir a pegada de carbono, converténdose deste xeito nun municipio respectuoso e concienciado co medio ambiente.

Os ‘Concellos Ágora’ da provincia implementarán de maneira inminente a sinalización de 30 km/h

Os ‘Concellos Ágora’ da provincia pasarán a seguir os principios das ‘Cidades 30’ de xeito inmediato. Así o manifestou o deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, que hoxe presidiu unha reunión de traballo para implementar o cambio de sinalización da velocidade dos núcleos urbanos das vilas da provincia a un máximo de 30 quilómetros por hora.

Colaboradores