Redacción

Redacción
536 POSTS 0 COMMENTS

Redondela comezará os traballos de ‘trampeo’ contra a Velutina

O Concello de Redondela iniciará esta semana os traballos de colocación de trampas e implementará a segunda fase na loita contra a invasión da vespa Velutina, tamén coñecida como asiática. As medidas de seguridade centraránse en zonas públicas, onde hai maior confluencia de persoas como prazas públicas, colexios,...

O telón do Teatro Principal de Tui, exposto durante as festas de San Telmo

O telón do Teatro Principal será exposto, no mes de abril, durante as festas de San Telmo logo de realizar unha limpeza e análise do mesmo. A pasada semana levouse a cabo o exame organoléptico para avaliar o estado de conservación da cortina de boca do Teatro Principal....

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira...

Ponteareas da a coñecer o primeiro informe técnico de patoloxías do mercado municipal

O alcalde de Ponteareas, Xosé REpresas, a tenente de alcalde, Chus Garrote e a concelleira de Comercio, Inés Vidal, presentaron ás e aos praceiros do mercado municipal o anteproxecto de rexeneración destas instalacións e o dictame técnico sobre o informe de pataloxías, encargados en abril do ano...

BTT e sendeirismo nos prolegómenos da Feira do Requeixo e Mel das Neves

O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello das Neves, organizan a VIII ruta BTT 'Los 66 del Requesón', e unha nova ruta de Sendeirismo polos montes da vila. Ámbalas dúas actividades forman parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar...

O goberno ponteareán propón investir máis de 700.000 € en servizos básicos á cidadanía

O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas debatirá, a iniciativa do goberno municipal, o proxecto de humanización da rúa Redondela, un tramo para completar o saneamento no barrio do Peso na paroquia de Areas e a reforma e rehabilitación ca casa cultural de Arnoso, entre outros proxectos...

A Guarda intensifica a presenza policial

Na mañá do luns 18 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo unha xuntanza no Concello co Comandante do Posto da Guarda, Eligio Rivas, de cara a trasladalle a preocupación de comerciantes, veciñanza e responsables municipais, polos roubos que últimamente véñense producindo na Guarda. 

Ponteareas homenaxea ás súas mulleres

O concello de Ponteareas homenaxeou o domingo, 17 de marzo, a un grupo de mulleres, propostas por colectivos e asociacións veciñais, nas que se quería representar a todo o colectivo de mulleres do municipio. A iniciativa enmarcábase dentro das programadas polo Concello con motivo do Día da...

Éxito do Centro de Compostaxe Comunitaria da Casa da Xuventude das Neves

O novo centro de compostaxe comunitaria situado á beira da Casa da Xuventude de As Neves xa funciona a pleno rendemento. Persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra esta pasada semana, con motivo da súa posta en marcha, unha charla informativa entre a veciñanza da...

Ponteareas solicita a especialidade de francés para a Escola de Idiomas

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, vén de trasladar á Dirección Xeral de Centros, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a necesidade de incorporar a especialidade do idioma francés na oferta de estudos da delegación da Escola Oficial...

O equipo feminino do C.N. Ponteareas, campión galego de Fondo Máster

A piscina de Carballo-Calero no concello coruñés de Carballo acolleu, este domingo, 17 de marzo, as probas do Campionato Galego de Fondo na categoría Máster. O equipo feminino do Club Natación Ponteareas formado por Nuria Mutilba, Marta Abreu, Vero Varela, Clarisa Gesto, Paula González, María Lourdes Melón y...

O BNG redondelán considera “vergoñento” o ninguneo do Concello co alumnado do IES Mendiño

O BNG de Redondela trasladou tanto ao ao alumnado coma ao profesorado do IES Mendiño os seus parabéns por terse implicado “decididamente para poder participar neste Certame de Debate” ao mesmo tempo que rexeitan “actitude manifestamente hostil do alcalde, Javier Bas ante a negativa a colaborar con este grupo...

Tui, punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar

Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan. O alcalde, Carlos...

Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido, Mougás

O Concello de Oia convoca unha reunión técnica para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores 20 de marzo ás 19:30 horas na Casa Cultural de Mougás. No encontro informarase sobre o proxecto e as...

Tráfico e cultura, «Aparca ben e leva un libro»

O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila en colaboración coa Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A...

Nigrán abre a presentación de ofertas para a explotación temporal de kioskos de praia

O Concello de Nigrán, a través da publicación hoxe no BOP, abre o proceso de adxudicación de explotacións temporais de praias no municipio, tendo os interesados un prazo de 15 días para presentar ofertas. A tempada establécese do 1 de maio ao 30 de setembro e consta...

As Neves amosa o seu malestar polo uso de glifosato por parte da Xunta

O Goberno local das Neves vén de amosar o seu malestar polo uso, por parte da Xunta de Galicia, de herbicidas para tratar as beiravías das estradas autonómicas que pasan polo concello. Este malestar tamén foi trasladado polos veciños das parroquias nas que unha empresa contratada pola Administración...

As comunidades de montes demandan simplificar os permisos de corta na demarcación do nematodo

A Asociación Forestal de Galicia (AFG), que vén de reunirse esta fin de semana en Tomiño con comunidades de montes socias, constatou a inquedanza dos comuneiros por esta cuestión. O problema céntrase naqueles montes que teñen afeccións de organismos como Patrimonio, Confederación Hidrográfica ou Estradas, pois neses...

O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no río Miño

A pasada semana, un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española,...

A mocidade do Porriño pide medidas que freen o cambio climático

Unha chea de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos 'Pino Manso' e 'Ribeira do Louro', reclamaron aos políticos, "sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado lído...

O Tempo

Ponteareas
clear sky
25.2 ° C
31.1 °
21 °
73 %
1kmh
0 %
Dom
31 °
Lun
27 °
Mar
28 °
Mér
26 °
Xov
28 °

Colaboradores