Redacción

Redacción
536 POSTS 0 COMMENTS

O Hóckey Club Ponteareas e os clubs de patinaxe Luar e Tea organizan o «Ponte Sobre Rodas»

O complexo deportivo Álvaro Pino acolle ata mañá o III stage de tecnificación de hóckey organizado polo Hóckey Club Ponteareas en colaboración co concello de Ponteareas a través da concellería de Deportes e da concellería de Mocidade . Impartido por adestradores profesionais chegados do Liceo da Coruña e do propio club pontereán conta con adestradores específicos para porteiros e porteiras.

Oia contrata unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas

O Concello de Oia acaba de contratar unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas, debido a gran cantidade de solicitudes formuladas, para contribuír a mellora da prevención de incendios forestais. O contrato terá unha duración de 4 meses, prestando servizo no Concello os luns, xoves e venres.

A Deputación amplia en setembro os cursos do proxecto «Millennials 2019»

A Deputación de Pontevedra iniciará no vindeiro mes de setembro un total de dez cursos do Proxecto Millennials 2019, o plan dirixido á mocidade da provincia co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e acceso ao mercado laboral, a través de formación e asesoramento gratuíto ligado ao emprendemento.

Pedro Covelo e Brais Vila, os máis habilidosos no xogo tradicional do Pau de Sebo de Ponteareas

Por segundo ano consecutivo a xornada festival no parque de San Roque resultou todo un éxito sendo o xogo popular do pau de sebo o que máis curiosos e siareiros atraeu. Facendo gala de habilidade e valentía, os e as xogadoras ofreceron espectáculo na dúas modalidades deste tradicional xogo, a vertical e a horizontal.

Nigrán celebra un «Rock in Patos» inclusivo que homenaxeará os 50 anos do festival de Woodstock

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 24 de agosto a súa segunda edición de 'Rock in Patos' rendendo homenaxe aos 50 anos da celebración do mítico festival de Woodstock con bandas tributo a Jimi Hendrix e Creendence Clearwater Revival.

O venres chega á praia de Patos, en Nigrán, o «Prado Surf Fest»

O vindeiro venres 23 de agosto, Prado Surf Escola celebra o seu tradicional campionato de noveis e groms na Praia de Patos (Nigrán), unha festa que durará todo o día e na que haberá moito surf, música, mercadillo surfeiro de segunda man e moito máis.

O PP pedirá no Pleno do Porriño a inclusión do Concello no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía»

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño pedirá ao Pleno que acorde solicitar a inclusión do municipio no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» no que están xa implicados case que a metade dos concellos galegos e, segundo explican os populares porriñeses "O Porriño non é un deles".

Tui leva investidos 40 mil euros no mantemento dos centros educativos

Ao longo das últimas semanas, aproveitando as vacacións escolares, o Concello de Tui está realizando distintas obras de mantemento nos centros escolares cun investimento de 40 mil euros de fondos propios. O arranxo de teitos, solos, valados, pintado de aulas son parte das actuacións realizadas.

Arranca en Baiona o «Rilla na Rúa» a feira de gastronomía ‘callejera’ máis importante de Galicia

A feira gastronómica itinerante máis importante de Galicia, «Rilla na Rúa» chega a Baiona esta fin de semana. Dende este venres ata o domingo, esta feira de gastronomía callejera instalarase no Parque A Palma onde dez fook trucks ofrecen diversas propostas gastronómicas.

O C.B. Nigrán acada un novo obxectivo ao contar con equipos en todas as categorías na nova tempada

O CB Nigrán inicia unha ilusionante e nova tempada na que vai cumprir un novo obxectivo, ter equipos en todas as categorías, desde baby ata junior –tanto masculino como feminino– ademais do senior masculino.

Nova cita gastronómica na Guarda coa «Festa do Percebe»

A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de padrón, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.

Nigrán colabora co comercio da Ramallosa no primeiro desfile «Camiño da Moda»

O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra colaboran cos establecementos comerciais da Ramallosa para ofrecer este venres ás 20:00 horas no Pazo de Pías o primeiro desfile 'Camiño da Moda' no que una decena de tendas amosará ao público as súas coleccións para a vindeira tempada outono/inverno.

Alxén ultima os preparativos para o sétimo ‘Serán dedicado á vendima’

O 14 de setembro celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, a sétima edición do seu Serán dedicado á vendima. Un acontecemento xa consolidado na contorna ao que acoden grupos folclóricos de toda a comarca.

Mos intensifica o control ante as verteduras incontroladas de residuos

O concelleiro de Medio Ambiente de Mos, Leo Costas, e o edil de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso alertaron hoxe públicamente do repunte de verteduras incontroladas dende finais da pasada primavera, situación ante a cal o Concello de Mos se atopa alerta, intensificando a vixilancia por parte tanto do propio departamento municipal de Medio Ambiente, dos concelleiros e da Policía Local.

As Neves celebra o «II Mercadiño da Man que ti Queiras»

Chega unha nova edición dunha iniciativa de fomento da economía circular que comezou a facerse nas Neves en setembro de 2018. Todo tipo de artigos de segunda man, artesanía e demais serán expostos e poderán ser mercados.

XIII Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda»

A Guarda acolle este sábado unha das citas musicais da programación estival, o Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda», que chega este ano á súa XIII edición baixo a organización da Agrupación Musical da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.

Ponteareas organiza o xoves unha nova cita con ‘Xoga e aprende do medio ambiente’

A oficina municipal de voluntariado do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó, convida a todos os veciños e veciñas a participar na actividade medioambiental 'Xoga e aprende do medio ambiente' este xoves 22 de agosto.

A Deputación ultima as obras das novas instalacións de atletismo do Porriño

O concello do Porriño contará nas próximas semanas co novo e moderno equipamento deportivo para a práctica do atletismo, que financia ao cen por cen a Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Reequilibrio (800.000 euros) e o Plan Concellos (200.000 €).

O presidente da Fegamp visita Tomiño para coñecer o modelo de xestión de auga

Tomiño recibiu esta mañá a visita do Presidente da Fegamp, Alfredo García, co fin de coñecer de primeira man o traballo das traídas de auga en colaboración co Concello de Tomiño en materia de xestión da auga.

Adenco organiza un roteiro polo Uma, espazo incluído na Rede Natura 2000

O grupo ecoloxista adenco organiza, para este vindeiro domingo, 25 de agosto, un roteiro polo río Uma. A andaina, de dificultade baixa, sairá ás 10 horas da igrexa de Angoares e non precisa inscrición previa, tan só estar no punto de reunión á hora indicada.

O Tempo

Ponteareas
clear sky
25.2 ° C
31.1 °
21 °
73 %
1kmh
0 %
Dom
31 °
Lun
27 °
Mar
28 °
Mér
26 °
Xov
28 °

Colaboradores