15.1 C
Pontevedra
Sábado, 26 de Setembro de 2020

Redacción

Redacción
3521 POSTS 0 COMMENTS

A Escola de Música de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2020/2021

Dende o pasado 15 de xullo, a Escola de Música de Xinzo deu comezo ao período de inscrición para o vindeiro curso, prazo que permanecerá aberto ata o día 31 de agosto. Os novos alumnos poderán matricularse nas clases de Linguaxe Musical e Instrumento, ao que se suma a posibilidade de entrar a formar parte da Banda de Música Infantil.

O BNG de Redondela demanda un cambio no sistema de limpeza das praias

O portavoz do BNG no Concello de Redondela, Xoán Carlos González, vén de dirixir un escrito á Alcaldía de Redondela no que expón a súa disconformidade cos argumentos que se están a dar dende varios medios informativos "sobre limitar a recollida de algas a varios días da semana, nas praias de Redondela”.

O Castelo do Sobroso ‘Re-Acciona’ a ritmo de ‘Falúa’ da man da Deputación de Pontevedra

Nin unha cadeira valeira. Xa fai tempo que todas as prazas estaban esgotadas para ver ao dúo Falua, actuación enmarcada no programa cultural 'Re-Acción nos Castelos' da Deputación de Pontevedra, pero o espectáculo musical da cantante Sara de Sousa e o guitarrista acústico Gonzalo Goás Amado, superou todas as expectativas.

O PSOE de Tomiño pedirá no Pleno que a Xunta retire o actual protocolo de apertura dos colexios “e abra canles de diálogo coa comunidade educativa”

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Tomiño propoñerá ao Pleno da Corporación Municipal instar á Xunta de Galicia, en concreto ás consellerías de Educación e Sanidade, a que retiren o actual protocolo de apertura dos colexios para o vindeiro curso "e a apertura de canles de diálogo coa comunidade educativa –axentes sociais, profesorado e familias– que permitan consensuar un documento eficaz e realista coas necesidades dos centros educativos".

Play Doc contará cun obradoiro audiovisual impartido polo recoñecido cineasta Eloy Domínguez Serén

A crise provocada polo coronavirus está a transformar a vida cotiá, as pautas de comportamento e o modo en que nos relacionamos os uns cos outros. Play-Doc quere contribuír ao rexistro deste momento histórico a través deste obradoiro audiovisual, valéndose da extraordinaria capacidade que ten o cinema para capturar o momento presente, retratar e construír unha memoria colectiva na que se poden compartir vivencias a través de imaxes e sons.

Medio Ambiente e a Policía local identifican a seis persoas por marisqueo ilegal na praia de Arealonga

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela en coordinación coa Policía Local realizou operacións de control e identificación de persoas por marisqueo ilegal no areal Chapela. Actuacións que atenden o compromiso adquirido polo Concello coa Confraría de Pescadores e o Colectivo de Mariscadoras nunha xuntanza mantida no mes de xullo na que participaron representantes das entidades, o responsable de zona da Policía Autonómica, o xefe da Policía Local a alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de medio ambiente Roberto Villar.

O Pobo de Arbo e 95 voluntarios serán homenaxeados durante a Gala da Lamprea

O vindeiro día 8 de agosto de 2020, na Praza Consistorio terá lugar a Gala da Lamprea que forma parte dos actos da LX Festa da Lamprea e que tivo que ser suspendida no mes de abril polo Estado de Alarma.

Fin de semana de sendeirismo e natureza cos ‘Bosques terapéuticos’ e a primeira ‘Depoandaina’

A Deputación de Pontevedra levará esta fin de semana ata Ponteareas e Moaña dúas actividades que combinan sendeirismo e contacto co medio natural. Así, os “baños de bosque” serán protagonistas da oitava ruta do programa medioambiental “Bosques terapéuticos”, cun percorrido mañá sábado, 8 de agosto, pola Picaraña (Ponteareas).

Nigrán, en colaboración con Ovalmi, celebra este domingo a feira de oportunidades ‘Portobelo’

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa asociación de empresarios 'Ovalmi' na organización da feira de oportunidades 'Portobelo' este domingo 9 de agosto na Alameda de A Ramallosa. Un total de 28 comerciantes da comarca ofrecerán durante todo o día (de 11:00 a 21:00 horas) os seus mellores descontos en produtos como calzado, pezas de vestir, menaxe, cosméticos...

O programa de emprego ‘Mocidade no Camiño’ dará traballo e formación a 16 mozos durante un ano

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos deu hoxe conta da concesión de subvención á administración local mosense por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a realización do proxecto do programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe).

Tomiño arranxa sendas e áreas recreativas de diferentes espazos naturais

O Concello de Tomiño, a través do Departamento de Obras, continua a súa labor de arranxar sendas e percorridos por distintos espazos naturais para que a xente que os utiliza, sobre todo, despois do confinamento, poida pasear e facer exercizo nas mellores condicións posible.

Un home perde a vida ao saírse da vía a moto na que circulaba no Rosal

Un home perdeu a vida onte pola tarde no Rosal, despois de sufrir unha saída de vía coa moto na que circulaba. Sucedeu no punto quilométrico 52 da PO-552, á altura da parroquia de San Miguel de Tabagón.

O Concello de Baiona poñerá en marcha 10 proxectos de obra ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O Concello de Baiona desenvolverá unha primeira batería de dez proxectos que se realizarán ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que, na súa maior parte, terán como destinatarios ás parroquias “que sempre foron as grandes esquecidas polos sucesivos gobernos conservadores”, afirma o alcalde Carlos Gómez.

O antigo colexio de Trasmañó será reconvertido nun Centro Comunitario “dinámico e vivo” ao servizo da veciñanza

O antigo colexio de Trasmañó, logo de anos de esquecemento, volverá a recuperar a súa utilidade como Centro Comunitario para a veciñanza da parroquia, segundo sinalou o Goberno local de Redondela. A intención do executivo que preside Digna Rivas é converter estas instalacións “as grandes esquecidas dos anteriores gobernos” nun centro “dinámico e vivo” onde asociacións e colectivos –con preferencia os da propia parroquia– poidan desenvolver todo tipo de actividades.

Nigrán abre a inscrición para participar nun roteiro por Monteferro o martes 11 coincidindo co ‘Solpor’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ofrece este martes 11 un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor. Os interesados deben inscribirse previamente no mail turismo@nigran.org indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.

Mos redacta un proxecto para a mellora integral da contorna da capela de San Eleuterio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o arquitecto municipal, Manuel Toucedo, acompañados polo presidente da Comisión de Festas de San Eleuterio, Manuel Vila Dacosta, fixeron unha visita técnica á contorna da Capela de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, onde o Concello proxecta unha mellora integral con humanización, cuxo proxecto correrá a cargo da administación local e será redactado polo arquitecto municipal.

Ponteareas promoverá a reciclaxe e reutilización do lixo electrónico

Ponteareas será un dos once concellos da provincia que participará na campaña da Deputación de Pontevedra de reciclaxe e reutilización do lixo electrónico, segundo informou hoxe a concelleira de Medio Ambiente do Concello ponteareán, Rosa Covelo.

A comisaria do Xacobeo 2021 recibe a José Manuel Calderón na última etapa de ‘El Camino acaba en Obradoiro’

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, recibiu esta tarde ao ex xogador da NBA e da selección española de baloncesto José Manuel Calderón no remate da última etapa do proxecto El Camino acaba en Obradoiro. O deportista chegou hoxe a Compostela tras percorrer o Camiño de Inverno no marco desta iniciativa impulsada por Monbús Obradoiro en colaboración coa Xunta de Galicia.

O Rosal segue berrando por unha sanidade pública digna

Por cuarto mércores consecutivo, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal volveu concentrarse diante do centro de saúde do municipio para reivindicar melloras na asistencia sanitaria. Dende a organización declaran que non pararán de mobilizarse ata que as súas reivindicacións sexan atendidas.

A veciñanza de Ponteareas xa pode consultar a listaxe de alumnado admitido na Escola Infantil Municipal

A concellaría de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, vén de dar conta da exposición pública da listaxe de nenos e nenas de admitidas na escola infantil municipal. Todas as familias poderán consultar o documento na nesta ligazón da páxina web do Concello.

Este sábado as Festas do Monte estarán presentes na rede a través dun Magazine Especial

O Concello da Guarda, nunha decisión tomada en consenso coa Comisión de Festas e as Bandas Mariñeiras, decidiu suspender este ano as Festas do Monte ante a situación provocada pola pandemia do Covid-19 e, como xa se anunciou en datas pasadas, este ano non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.

Continúa a posta en marcha do proxecto da ‘Explanada do Horizonte’

Logo dun intenso período de tramitacións burocráticas e consecución de permisos, as obras de adecuación e remodelación do lugar continúan avanzando. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, estivo facendo unha visita de seguimento das obras do proxecto levado a cabo pola arquitecta e paisaxista María Fandiño. Na área foron feitas xa varias actuacións como a colocación do pavimento, a instalación de mobiliario urbano ou a creación da área de xogos infantís. Tamén se procedeu á plantación de vexetación autóctona seguindo os criterios da administración autonómica.

Concello e Torroso preparados para iniciar o curso musical en setembro con todas as medidas de seguridade

Representantes do Concello de Mos, da Escola Municipal de Música e da Banda de Música Xuvenil de Torroso reuníronse esta mañá no salón de sesións do Concello de cara á preparación do inicio do vindeiro curso no mes de setembro con todas as medidas de seguridade sanitaria.

Nigrán ofrece á mocidade obradoiros de rap e música urbana para rachar coas desigualdades de xénero

O Concello de Nigrán empregará o rap e estilos afíns (trap, R`n`b, EDM, reggaton...) para sensibilizar entre a mocidade sobre as desigualdades de xénero e a violencia aparellada. Deste xeito, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ofrece gratuítamente desde o 17 deste mes “Obradoiros de Rap e música urbana” a cargo da escola de música de Nigrán 'Gain Over', composta por artistas locais de bandas tan recoñecidas como Blue Monk.

Unha “semente salvaxe” agroma en Mondariz da man de “Mulleres en acción. Violencia Zero”

Evidenciar a necesidade de cultivar a autoestima para empoderar ás mulleres evitando así futuras agresións machistas é o obxectivo do mural presentado este mércores no concello de Mondariz no marco do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”. Victoria Alonso, deputada provincial de Cultura e Igualdade, e Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz, non quixeron perder a oportunidade de desfrutar en directo da obra de Noemí Núñez, situada no Campo Municipal da Lagoa.

Erizana C.F. e Instituto de Estudos Miñoranos, ‘Medalla de Ouro’ do Concello de Baiona, máxima distinción que outorga a Corporación Municipal

O Goberno local de Baiona, seguindo a liña emprendida polas anteriores corporacións municipais, vén de dar a coñecer os distintos galardóns cos que o Concello quere sumarse ao recoñecemento público de todas aquelas accións realizadas por persoas ou colectivos que, sendo ou non naturais do municipio, contribúan coas súas accións e traballo ao engrandecemento de Baiona.

As familias xa poden consultar a listaxe de admitidos na escola infantil de Ponteareas

A concellaría de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, informa que xa están publicadas as listaxes de admitidos na escola infantil municipal. Todas as familias poderán consultar o documento na seguinte ligazón da páxina web do Concello.

Espectáculo de maxia en Arbo

Dentro da programación cultural San Roque 2020 – Verán cultural, e dentro dos actos programados co Gallo da Semana Gastronómica da LX Festa da Lamprea e XV Festa da Lamprea o concello de Arbo, organiza o espectáculo de maxía “Magia para Soñar” o vindeiro día 7 de agosto na Praza Consistorio.

Nigrán amplía o saneamento en Vilariño de Abaixo logo de acadar, despois de anos, o acordo de todos os propietarios de terreos

O Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, ven de rematar as obras de conexión á rede municipal de saneamento na rúa Vilariño de Abaixo tras acadar finalmente o acordo de todos os propietarios despois de anos. Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a 10 vivendas e 5 parcelas pendentes de urbanizar.

O Concello de Redondela ofrece un servizo de asesoramento á veciñanza afectada pola reposición de viais da AP-9

O Concello de Redondela poñerá a disposición das veciñas e veciños afectados pola reposición de viais da AP-9, os servizos dunha empresa que se encargará de asesorar á veciñanza e tramitar as posibles alegacións que queiran presentar de xeito individual.

Tomiño avalía coas directivas dos colexios e ANPAS o ‘Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19’ proposto pola Xunta

O Departamento de Educación do Concello de Tomiño, convocou sendas xuntanzas os días 29 e 30 de xullo cos equipos directivos dos centros educativos e ANPAS do municipio co fin de realizar unha valoración conxunta do 'Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio do desenvolvemento da actividade lectiva no curso académico 2020/2021', imposto pola Xunta de Galicia.

Nenos e nenas terán ‘o seu día’ este domingo en Ponteareas coa celebración do ‘Día da Infancia’

A Concellaría de Eventos do Concello de Ponteareas, que dirixe a alcaldesa en funcións Cristina Fernández Davila, organiza este vindeiro domingo, 9 de agosto, o "Día da Infancia" que contará con actividades 'refrescantes' e moita creatividade.

Arrinca o III Festival Internacional de Teatro de Rúa en Ponteareas

Hoxe botou a andar en Ponteareas a terceira edición do 'Festival Internacional de Teatro de Rúa', actividade organizada pola Concellería de Eventos, que dirixe Cristina Fernández e que comezou ás 19 horas nos xardíns do Concello. Respectando todas as recomendacións e normas de seguridade sanitarias e de distanciamento, Ponteareas gozou dunha terceira edición deste tan afamado festival de teatro de rúa colgando novamente o cartel de 'completo'.

A Deputación da cumprimento a novos compromisos coa Guarda coa remodelación dos accesos á praia do Muíño e humanización das rúas Vigo e Celta

“Son dúas actuacións que responden a demandas históricas da Guarda, que permiten reformular zonas estratéxicas polo seu interese turístico e medioambiental, no caso da praia do Muiño, e pola mellora de espazos públicos no caso da humanización do entorno das rúas Vigo e Celta”. Así resumiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva “os dous compromisos cumpridos da Deputación coa Guarda”

A veciñanza de Vilar coñece, de primeira man, como será o proxecto do último treito da estrada do Galleiro

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, valorou hoxe a presentación que, esta pasada fin de semana tivo lugar no Centro Cultural de Vilar onde, co respaldo de planos e infografías, explicou á veciñanza a realidade do proxecto de mellora do último treito da EP-2096 entre Os Valos e Guizán na coñecida como estrada do Galleiro.

Carmela Silva asegura que o trato que lle damos aos animais “defínenos como sociedade e co CAAN somos unha referencia no seu benestar”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou hoxe “o cambio radical” que supuxeron as melloras realizadas pola institución provincial no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) e que o converten en “referencia” no benestar dos cans e cadelas que alberga ata acadar o obxectivo final da adopción. “O trato que lle damos aos animais defínenos como sociedade, e co CAAN somos xa unha referencia en benestar animal”, destacou Silva, que coñeceu a reforma da man do veterinario xefe, José Luis Pedreira, e do deputado responsable do centro, Manuel González.

Iniciadas as obras de mellora da seguridade viaria na PO-552 entre Tomiño e Tui

A Xunta vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos Concellos de Tui e Tomiño, unha actuación enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas. Os traballos a realizar contan cun investimento de 548.000 euros e teñen un prazo de execución de 12 meses.

36 multas da Policía Local do Porriño por conducir baixo os efectos do alcol, drogas ou sen carné

A Policía Local do Porriño fixo balanzo de actuacións en materia de seguridade vial no mes de xullo que arroxa 36 multas por conducir baixo os efectos do alcol, drogas ou con carné caducado. En 22 casos formularon multas por infracción administrativa por alcoholemias positivas. Segundo a taxa, a multa económica oscila entre 500 a 1.000 euros e supón a perda de 4 a 6 puntos do carné.

A Xunta convoca axudas por 200.000€ para apoiar a edición, distribución e comercialización no sector do libro

A Xunta de Galicia convoca unha liña de axudas cun importe total de 200.000€ para apoiar ao sector editorial da nosa Comunidade na edición, distribución e comercialización das publicacións realizadas no ano 2020. Trátase dunha medida recollida no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico aprobado polo Goberno galego para favorecer a reactivación destas industrias tras a crise sanitaria e que recolle máis de 2,2 millóns de euros en diferentes accións para o impulso do sector do libro e as bibliotecas.

Senderismo e kayak para gozar da paisaxe do río Tea

A Concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza para este venres día 7 unha actividade de senderismo combinado con kayak dentro da programación de Mocidade Viva. Esta novidosa suxestión deportiva e lúdica incorpórase á oferta de lecer específica para a mocidade co obxectivo de promover hábitos de vida saudábeis e o coñecemento do noso patrimonio natural.

Colaboradores