14.5 C
Pontevedra
Segunda-feira, 24 de Fevereiro de 2020

Redacción

Redacción
1691 POSTS 0 COMENTÁRIOS

Regades e Cabaleiro aseguran que “Tui tamén se xoga moito o 10N”

A capacidade de traballo conxunto e transversal coas diferentes Administracións e a preocupación pola creación de espazos de convivencia e servizos para a veciñanza centrou a visita do secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra a Tui, onde David Regades puido coñecer de primeira man o proxecto de humanización da Avenida de Portugal.

A deputada Olga García participa nunha actividade musical para persoas usuarias de teleasistencia

A deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, acompañada polos concelleiros do Porriño, David Alonso e Sergio Casal, asistiu a unha actividade musical para persoas maiores usuarias do Servizo de Teleasistencia domiciliaria dos concellos de Mos e Porriño. A iniciativa, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra, desenvolveuse no Pavillón Municipal porriñés.

O PP chama en Ponteareas “á unidade do voto” para desaloxar a Sánchez da Moncloa

O Partido Popular de Ponteareas organizou un encontro para que os militantes e simpatizantes puidesen coñecer máis de preto as propostas do PP para estas eleccións xerais, unha cita á que acudiron o presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, os candidatos ao Congreso, María Ramallo e Javier Bas e o candidato ao senado, Santiago Rodríguez.

Pelotas de tenis e padel para reducir os ruídos da Biblioteca Municipal de Tui

Os responsables de dous clubs deportivos tudenses, Pablo García, do Club de Tenis Tui e Juan Carlos Feijoo e Miguel de la Calle, do Club de Padel8, entregaron esta mañá á Biblioteca Municipal de Tui un amplo lotes de pelotas usadas que serán reutilizadas polo centro bibliotecario para contribuír substancialmente ao mantemento do ambiente de silencio.

Zona Franca e concellos do Baixo Miño traballan no impulso do sector hortifrutícola da comarca

Dentro do marco das reunións periódicas que veñen mantendo o Delegado do Estado na Zona Franca de Vigo coas alcaldesas de Tomiño, Sandra González e O Rosal, Ánxela Fernández Callís e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta mañá mantiveron unha nova reunión na que concretaron as liñas de traballo a desenvolver no informe estratéxico sobre a actividade hortofrutícola en Baixo Miño

O «Camiño Portugués pola Cosa», terceira ruta xacobea máis empregada pola peregrinaxe

O Camiño Portugués da Costa é, dende marzo deste ano 2019, a terceira ruta xacobea máis empregada polos peregrinos para realizar a súa peregrinaxe a Santiago de Compostela despois do Camiño Francés, en primeiro lugar, e o Portugués, en segundo lugar, ocupando arestora o lugar que tradicionalmente lle correspondía ao Camiño Inglés.

Baiona organiza un curso gratuíto de manipulación de alimentos

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona que dirixe Yasmina Moreira Costas, vén de organizar un curso de manipulación de alimentos que se impartirá nas instalacións do Edificio Multiusos Ángel Bedriñana.

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño colga o cartel «completo»

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño arrancou este martes un novo curso co cartel de cheo colgado nos grupos de infantil e mocidade e con tan só algunhas prazas dispoñibles no grupo de persoas adultas. Logo de varios anos de funcionamento a entidade xa está consolidada, converténdose en referente cultural na comarca do Baixo Miño.

Arbo asina o compromiso de adhesión do municipio ao programa «Carné Xove»

O alcalde de Arbo, Horacio Gil e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, asinaron en Arbo o acordo de adhesión do municipio ao Carné Xove, converténdose, dese xeito, no primeiro concello en dar ese paso que lle permitirá facer descontos en diversas instalacións municipais.

Ponteareas traballa no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible 2020

Promover a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no eido local é a finalidade do 'Intercambio Galicia-Portugal: os municipios a prol dos ODS' que no día de hoxe e mañá se desenvolven en Ponteareas para logo viaxar a cinco vilas galegas.

Redondela inaugura «Matemaxia» para fomentar o galego no eido da ciencia

O pasado 4 de novembro celebrábase o «Día da Ciencia en Galego», e por este motivo o Servizo de Normalización Lingúística do Concello de Redondela organizou un obradoiro titulado 'Matemaxia', que estivo a cargo do Mago Paco e dirixido aos cursos de 5º e 6º de primaria.

A gran demanda obriga a ampliar o número de prazas do «II Trail Orixes» de Mondariz

A poucas horas de pechar o prazo de inscricións para a segunda edición do «Trail Orixes», case todas as prazas cubertas. A gran demanda que esperta este Trail, fixo que a organización decidira ampliar en 30 o número de prazas na modalidade de MiniTrail que pasa dos 200 a 230 participantes.

O Consorcio obriga a cambiar os provedores de comida de todas as escolas infantís

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de obrigar á empresa Freire Chico S.L. a cambiar os provedores de comida de todas as escolas infantís públicas das que xestiona a cociña. Esta medida preventiva, sinala o Consorcio "implantarase tanto nas escolas infantís nas que houbo algún neno que tivese algunha reacción alérxica leve como nas que non rexistraron ningún destes casos.

A alcaldesa do Porriño aposta por un goberno socialista “para soterrar o treito urbano da vía do tren”

"Un Goberno socialista en Madrid é a única opción do municipio de Porriño para acadar o ansiado soterramento das vías do tren ao paso polo centro da localidade" asegurou hoxe a alcaldesa porriñesa, Eva García de la Torre, quen acompañada do secretario xeral dos socialistas pontevedreses, David Regades, anunciou que o Xestor de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e o Ministerio de Fomento teñen moi avanzados os trámites para a licitación do proxecto de execución.

Tui inicia as reunións de planificación da «Aloiada 2020»

Onte martes, 5 de novembro, celebrouse na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui, a primeira das reunións de planificación do proxecto 'Aloiada 2020'. Nesta actividade organizada polos oitos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui, ao longo de dous días, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria de Tui, participan en diferentes actividades no medio natural

ACiP asegura en materia de contas, o Goberno di “as verdades a medias”

A concelleira de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya, cualificou hoxe de "verdades a medias" os datos da liquidación positiva do ano 2018 ofrecida polo Goberno local xa que, segundo a concelleira independente, o executivo local "esquécese que o endebedamento real do Concello ronda os dous millóns de euros".

Gonzalo Caballero pecha a campaña en Redondela

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, Gonzalo Caballero, pechará a campaña electoral nunha cea-mitin que terá lugar no Convento de Vilavella, en Redondela, o vindeiro venres 8 de novembro.

Actividade musical no Porriño para persoas usuarias do servizo de teleasistencia da Deputación

O Pavillón Municipal de Deportes do Porriño (rúa Donantes de Sangue s/n) acolle este xoves 7 de novembro ás 12 horas unha nova actividade musical dirixida a usuarios e usuarias do servizo de teleasistencia domiciliaria dos concellos do Porriño e Mos. O obxectivo principal desta iniciativa, promovida cada ano pola Deputación, é favorecer as capacidades cognitivas das persoas maiores, o contacto social e previr situacións de illamento e soidade a través da música.

Regades pon en valor as sinerxias das administración socialistas “para darlle solución ás necesidades da Guarda”

O secretario xeral do PsdG-PSOE de Pontevedra, David Regades, desprazouse esta mañá ata A Guarda, acompañado polo candidato ao Congreso, Guillermo Meijón e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para coñecer de primeira man os proxecto estatais que se están levando adiante no municipio. Acompañados do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, concelleiros e membros da agrupación local, visitaron en primeira instancia o xacemento arqueolóxico do 'barrio de Mergelina', en Santa Trega.

A Guarda retira varias árbores do CEIP da Sangriña

O Concello da Guarda ven de realizar a retirada de varias árbores de gran porte do patio exterior do CEIP da Sangriña. Esta actuación realizouse sobre unha serie de chopos que se atopaban na zona leste do patio exterior do colexio e que, debido ao seu gran...

Contacontos de Paula Carballeira no «Novembro Lila» de Baiona

O vindeiro venres 8 de novembro ás 18:00 horas terá lugar na biblioteca municipal de Baiona, un contacontos de igualdade dirixido a público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade correrá a cargo de Paula Carballeira, e desenvolverase baixo o título 'Elas tres'.

Oito videos permiten revivir as «historias non escritas» das visitas dramatizadas ao barrio histórico de Oia

Un total de 8 pezas audiovisuais permitirán revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada ao barrio do Arrabal que foi realizada no marco da iniciativa 6x6 punto de encontro, O Arrabal. Oproxecto está organizado polo Concello de Oia e cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.

A veciñanza do Porriño aínda pode solicitar un composteiro individual

O Concello do Porriño recibiu 80 composteiros individuais del Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que se almacenan no Multiusos de Torneiros ata que sexan repartidos próximamente entre veciños de O Porriño que os solicitaran para as súas vivendas. O prazo para pedirllos ainda está aberto e pódese rechear a solicitude no rexistro do Concello.

Nigrán abre o xoves a inscrición para unha excursión e baile de maiores

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o 14 de novembro a Moaña, museo Meirande de Redondela e xantar-baile no restaurante Casas tamén en Redondela. O prazo de inscrición abre este xoves 7 de novembro ás 9:00 horas e pecha o venres 8, sendo na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (só se permite anotar a un máximo de 2 persoas por solicitante).

O padeeiro Roi Rodríguez, do Kayak Tudense, nos selectivos para Tokio 2020

O Concello de Tomiño vén de transmitir o seu "máis sinceiro parabén" ao ao padeeiro Roi Rodríguez Huertas, do Kayak Tudense, "por facerse un oco entre os piragüistas con posibilidades de obter unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020".

Tui inicia a redacción de proxectos por máis de 216.000 € con cargo ao remanente de tesourería

A redacción dun proxecto para a rehabilitación do Teatro Principal e outro para a adecuación do edificio de Cam-Fran na Avenida da Concordia para convertelo na sede nos Servizos Sociais Municipais e dun Centro de Día, son dúas das actuacións para as que se vén de habilitar crédito no Concello de Tui. O mércores en pleno aprobáronse sendos expedientes de modificación de créditos, con cargo ao remanente líquido de tesourería.

Ponteareas destaca ás empresas “que naceron e medraron na lingua nai”

Un premio distinguíu, por vez primeira na historia de Ponteareas, o emprego da lingua galega no ámbito comercial e empresarial. Con este xesto o Goberno ponteareán quere non só promover o uso da lingua galega "senón tamén recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector".

A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado organiza o seu tradicional magosto

O vindeiro sábado, 9 de novembro, a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado organiza en Salvaterra de Miño, unha nova edición do seu xa tradicional magosto, unha cita que leva máis de corenta anos de celebración e que, ano a ano, acada un maior número de participantes.

Recoñecemento do Porriño ao papel da atleta e funcionaria Ana Belén Gómez na Maratón de Chicago

Ana Belén Gómez recibiu hoxe de mans de David Alonso, concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, unha metopa que recoñece o papel que fixo a atleta porriñesa na recente maratón de Chicago. Ana Belén, que é ademáis funcionaria municipal, fixo unha marca de 3 horas, 10 minutos e 13 segundos para completar os 42 kilómetros.

O BNG traballará para que ACEESCA quede no Porriño

O Bloque Nacionalista Galego,a través do seu portavoz municipal no Porriño, Pedro Pereira, trasladoulle á xerencia de ACEESCA o compromiso dos nacionalistas para traballar co obxectivo de manter as súas instalacións no concello do Porriño, como xa o fixera noutras ocasións.

O Concello de Covelo traballa na posta en valor de lugares de interese comunitario

O Concello de Covelo vén de realizar accións de recuperación de hábitats de interese comunitario e mellora da utilidade pública na zona de especial conservación do río Tea dentro do Termo Municipal. Os traballos desenvolvéronse ao abeiro dunha axuda para a realización de investimentos ligados a obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000.

Os alcaldes do Val Miñor salientan a importancia de que Sánchez siga na Monclóa e Regades na Zona Franca

Os alcaldes do Valmiñor puxeron de relevo a importancia dun Goberno presidido por Pedro Sánchez en Madrid, tanto polo desenvolvemento de políticas favorables aos concellos como pola continuidade de David Regades á fronte da Zona Franca, garantindo así a continuidade de importantes investimentos no territorio, especialmente nos polígonos industriais de Porto do Molle e A Pasaxe.

Redondela retira os polémicos tubos de batea almacenados en Cesantes

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Roberto Villar, vén de poñer fin a un almacenamento indebido de varios flotadores de batea que estaban almacenados no Campo de San Pedro, na parroquia de Cesantes, dende xuño de 2017 debido, sinala a Concellería "a unha mala xestión e permisos verbais, que acabaron con un depósito indebido de materias nun espazo público que non está destinado para tal fin".

Nigrán reclama á Xunta que “rectifique de xeito inmediato” a decisión de impedir San Roque como festivo local

O Concello de Nigrán reclama á Xunta de Galicia que rectifique "de xeito inmediato" e respecte a decisión da Corporación Municipal de establecer por vez primeira na súa historia San Roque de Camos como festivo local no 2020 "ante a coincidencia de San Fiz en sábado e ao ser declarado San Xoan festivo autonómico".

A Deputación aproba o “mellor orzamento da historia”

A Deputación de Pontevedra xa dispón de orzamento para o ano 2020. O pleno aprobou hoxe as contas que ascenden a 161 millóns de euros e que o deputado Carlos Font definiu como “o mellor orzamento da historia da institución, e o que da resposta aos grandes retos da provincia. É unha oportunidade histórica de futuro, equidade, compromiso e autonomía local".

A Xunta destaca en Ponteareas o potencial da industria forestal para xerar riqueza

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, sinalou hoxe nunha visita á empresa ponteareá 'Maderas Hermanos Castro', o potencial da industria forestal "para xerar riqueza e oportunidades laborais en Galicia".

Éxito do Samaín de Arbo

Nenos e nenas de arbo puideron gozar entre os días 31 de outubro e o día 2 de novembro do Samaín 2019 organizado polo Concello de Arbo e no que os máis pequenos e pequenas participaron en distintas actividades como xogos, merendas, música, disfraces e ata un 'Túnel do terror'.

Salceda recibe 250.000 euros para atender a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe Verónica Tourón, está a poñer en marcha un Programa Integrado de Emprego, para o cal ven de recibir unha subvención de 250.000 € A por parte da Xunta de Galicia.

Ponteareas abre un proceso de participación cidadá para coñecer os hábitos de mobilidade da veciñanza

A concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera puxo en marcha o proceso de participación cidadá para a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable. O proceso de participación desenvolverase a través de dous instrumentos, unha enquisa aberta a toda a poboación e reunións con colectivos sociais.

Redondela desenvolverá iniciativas para a utilización da lingua galega nos cemiterios

O goberno municipal, encabezado pola alcaldesa Digna Rivas, quen tamén é concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso a todos e todas os que alí repousan. Digna Rivas chamaba a atención sobre o feito de que "a maioría dos habitantes do Concello falan en galego, mais só o 2% das lápidas ou placas colocadas nos cementerios están na nosa lingua".

Colaboradores