16.3 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Febreiro de 2021

Redacción

Redacción
5522 POSTS 0 COMMENTS

Magnifica actuación do C.P.A. Condado no Campionato de Grupos Show de Alacante

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño asinou, o pasado 22 de marzo en Alcoy (Alacante) un extraordinario papel no Campionato de España de Grupos Show Junior. O club do Condado foi quen de clasificarse no top ten rematando a competición en noveno posto entre un total...

Garrote critica que Belén Villar volva vender o que “Solla xamais chegou a realizar”

A candidata socialista á alcaldía e actual concelleira de Urbanismo de Ponteareas, Chus Garrote, criticou hoxe o proxecto da popular Belén Villar de construir "unha zona lúdica con piscinas pioneira na provincia", é recoméndalle "aterrar no mundo real e deixar as ensoñacións, pois están moi lexos dos...

A Deputación aproba tres achegas para A Guarda de preto de 140.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobou por resolución presidencial tres novas achegas para o concello da Guarda ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos. Concretamente a institución provincial pon a disposición da vila do Baixo Miño un total de 139.801,68 euros. Máis polo miúdo,...

As Neves inicia o asfaltado, recuperación e mellora de pistas e camiños

O Concello das Neves, aproveitando a chegada do bo tempo, vén de iniciar un plan de asfaltado nos viais municipais de cara a rematalos nos vindeiros meses. Nestes momentos están en marcha traballos en Calvario (Rubiós) e Casal (Taboexa) amais o Concello sinalou que xa están adxudicadas...

A Guarda exalta a lamprea do Miño cunha fins de semana gastronómicas

Entre o 23 de marzo e o 14 de abril, A Guarda ofrece unhas máis que atractivas fins de semana gastronómicas coa Lamprea do Miño de protagonista. O Concello da Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza estas xornadas gastronómicas nas que participarán 10 bares...

Escolares de Nigrán visitan a ETAP no Día Mundial da Auga

Concello de Nigrán e Aqualia, empresa xestora do Servizo Municipal de Auga de Nigrán, celebraron onte o Día Mundial da Auga cunha excursión dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Da Cruz de Camos, á ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) de Nigrán, situada na parroquia...

Baiona formaliza trece contratos ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

O Concello de Baiona, 'Plan Concellos 2019' vén de formalizar 13 novos contratos, a xornada completa (35 horas semanais), e cunha duración de 6 meses. Máis polo miúdo o Concello baionés contratou 1 condutor de camión, 4 operarios de limpeza viaria e recollida de lixo, 7 peóns...

A Guarda oferta dous obradoiros sobre sexualidade

O Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda organiza no mes de abril dous obradoiros sobre sexualidade adicado especialmente a adultos e ao alumnado dos centros educativos da vila. «Como lle falo diso?»O Obradoiro «Como lle falo diso?» é un obradoiro pensado para...

pruebba

ppp

Sandra González preséntase oficialmente como candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG este sábado

Este sábado 23 de marzo Sandra González presentará en acto público no Auditorio de Goián, ás 20:30 horas, a súa concorrencia como candidata á alcaldía de Tomiño para as vindeiras eleccións locais de maio. Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde...

Salceda convértese, esta fin de semana, na induscutible capital galega da camelia

Salceda de Caselas será esta fin de semana, un ano máis, a capital induscutible da camelia de Galicia coa celebración, os días 23 e 24 de marzo, da XI Xornada da Camelia que foi presentada, na mañá de hoxe, na Casa da Cultura Castelao. 75 expositores e...

A Guarda incrementa os efectivos da Policía Local

A Guarda ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 Policías Locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal...

O BNG esixirá no Parlamento que se manteña aberta a escola de San Mateo

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, mantivo un encontro coa comunidade escolar de San Mateo de Oliveira para trasladarlles a proposta que os nacionalistas defenderon hoxe xoves no Parlamento para manter aberta a aula no vindeiro curso 2019/2020 e que sexan aceptadas as solicitudes...

A Deputación aproba dous novos investimentos para Tui de preto de 165.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, dous novos investimentos por un valor de 164.707,44 euros para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 94.759,04 euros para a reforma da rede de saneamento e melloras na...

Diego Giráldez presenta o venres ‘Hotel para coleccionistas discretos’ no Círculo do Porriño

O venres 22 de marzo, ás 20:30 h, o escritor porriñés Diego Giráldez presentará a súa novela 'Hotel para coleccionistas discretos' no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. No evento, aberto ao público, participarán xunto ao autor a presidenta do Círculo, María José Giráldez; a escritora Inma López...

Belen Villar anuncia a construción dunha zona lúdica “pioneira na provincia”

A portavoz e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, anunciou esta mañá un dos proxectos máis importantes que levará no seu programa electoral: a construción dunha zona lúdica con piscinas pioneira na provincia de Pontevedra. Villar asegurou que “Ponteareas está triste e nós queremos devolverlle...

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, escenario dunha charla sobre igualdade

A psicoterapeuta e psicóloga vasca, Ianire Estébanez, compartirá a mañá deste xoves 21 de marzo co alumnado de varios cursos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. Estébanez está especializada en prevención de violencia na adolescencia, agresións sexuais, relacións e uso das redes sociais pola xente nova.

Nigrán reformará as casa dos mestres como local para a terceira idade

O Concello de Nigrán vén de encargar un proxecto de reforma para as antigas casas dos mestres, situadas ao carón da Casa Consistorial, para reconvertelas nun local a disposición da terceira idade. A decisión foi tomada polo Goberno local despois de que un grupo de mulleres do...

A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadá

Nesta xuntanza, estivo tamén presente o máximo responsable da Garda Civil na provincia, o tenente coronel, Manuel Touceda e o capitán da compañía da zona Sur da provincia. No encontro e ante os datos dos últimos roubos decidiuse ampliar o operativo de seguridade...

A Deputación financia catro novos investimentos para Gondomar

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para o concello de Gondomar ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 169.783,73 euros. Máis polo miúdo, destinaranse 30.375,30 euros ao acondicionamento do camiño Barrio Cristillón (Mañufe);...

Entrega distintivos Sicted en Baiona

O alcalde de Baiona e responsable de Turismo, Ángel Rodal, fixo entrega no Salón de Plenos do Concello de Baiona dos distintivos de calidade ás 29 empresas e servizos que superaron o comité de decembro pasado. Rodal agradeceu aos establecementos turísticos, o seu compromiso coa calidade e a...

A Deputación leva a Valencia ‘Galaicos: un pobo entre dous mundos’

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá a chegada a Valencia da exposición «Galaicos: un pobo entre dous mundos» que poderá visitarse no Museo da Prehistoria entre o 27 de marzo e o 1 de setembro. A mostra da institución pontevedresa prosegue, deste...

Salvaterra de Miño celebra o Día da Árbore

Un ano máis, con motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Salvaterra de Miño, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio de cara a concienciar, aos nenos e nenas, na necesidade de coidar...

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira...

O venres remata o prazo para solicitar un dos 43 postos de traballo que oferta ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro venres, 22 de marzo, remata o prazo para presentar na oficiña de emprego a documentación de acceso aos 43 postos de traballo que se ofertan dentro do 'Plan Concellos'...

Redondela comezará os traballos de ‘trampeo’ contra a Velutina

O Concello de Redondela iniciará esta semana os traballos de colocación de trampas e implementará a segunda fase na loita contra a invasión da vespa Velutina, tamén coñecida como asiática. As medidas de seguridade centraránse en zonas públicas, onde hai maior confluencia de persoas como prazas públicas, colexios,...

O telón do Teatro Principal de Tui, exposto durante as festas de San Telmo

O telón do Teatro Principal será exposto, no mes de abril, durante as festas de San Telmo logo de realizar unha limpeza e análise do mesmo. A pasada semana levouse a cabo o exame organoléptico para avaliar o estado de conservación da cortina de boca do Teatro Principal....

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira...

Ponteareas da a coñecer o primeiro informe técnico de patoloxías do mercado municipal

O alcalde de Ponteareas, Xosé REpresas, a tenente de alcalde, Chus Garrote e a concelleira de Comercio, Inés Vidal, presentaron ás e aos praceiros do mercado municipal o anteproxecto de rexeneración destas instalacións e o dictame técnico sobre o informe de pataloxías, encargados en abril do ano...

BTT e sendeirismo nos prolegómenos da Feira do Requeixo e Mel das Neves

O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello das Neves, organizan a VIII ruta BTT 'Los 66 del Requesón', e unha nova ruta de Sendeirismo polos montes da vila. Ámbalas dúas actividades forman parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar...

O goberno ponteareán propón investir máis de 700.000 € en servizos básicos á cidadanía

O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas debatirá, a iniciativa do goberno municipal, o proxecto de humanización da rúa Redondela, un tramo para completar o saneamento no barrio do Peso na paroquia de Areas e a reforma e rehabilitación ca casa cultural de Arnoso, entre outros proxectos...

A Guarda intensifica a presenza policial

Na mañá do luns 18 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo unha xuntanza no Concello co Comandante do Posto da Guarda, Eligio Rivas, de cara a trasladalle a preocupación de comerciantes, veciñanza e responsables municipais, polos roubos que últimamente véñense producindo na Guarda. 

Ponteareas homenaxea ás súas mulleres

O concello de Ponteareas homenaxeou o domingo, 17 de marzo, a un grupo de mulleres, propostas por colectivos e asociacións veciñais, nas que se quería representar a todo o colectivo de mulleres do municipio. A iniciativa enmarcábase dentro das programadas polo Concello con motivo do Día da...

Éxito do Centro de Compostaxe Comunitaria da Casa da Xuventude das Neves

O novo centro de compostaxe comunitaria situado á beira da Casa da Xuventude de As Neves xa funciona a pleno rendemento. Persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra esta pasada semana, con motivo da súa posta en marcha, unha charla informativa entre a veciñanza da...

Ponteareas solicita a especialidade de francés para a Escola de Idiomas

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, vén de trasladar á Dirección Xeral de Centros, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a necesidade de incorporar a especialidade do idioma francés na oferta de estudos da delegación da Escola Oficial...

O equipo feminino do C.N. Ponteareas, campión galego de Fondo Máster

A piscina de Carballo-Calero no concello coruñés de Carballo acolleu, este domingo, 17 de marzo, as probas do Campionato Galego de Fondo na categoría Máster. O equipo feminino do Club Natación Ponteareas formado por Nuria Mutilba, Marta Abreu, Vero Varela, Clarisa Gesto, Paula González, María Lourdes Melón y...

O BNG redondelán considera “vergoñento” o ninguneo do Concello co alumnado do IES Mendiño

O BNG de Redondela trasladou tanto ao ao alumnado coma ao profesorado do IES Mendiño os seus parabéns por terse implicado “decididamente para poder participar neste Certame de Debate” ao mesmo tempo que rexeitan “actitude manifestamente hostil do alcalde, Javier Bas ante a negativa a colaborar con este grupo...

Tui, punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar

Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan. O alcalde, Carlos...

Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido, Mougás

O Concello de Oia convoca unha reunión técnica para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores 20 de marzo ás 19:30 horas na Casa Cultural de Mougás. No encontro informarase sobre o proxecto e as...

Tráfico e cultura, «Aparca ben e leva un libro»

O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila en colaboración coa Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A...

Colaboradores