Alex Osorno, candidato do BNG á alcaldía de Covelo

Alex Osorno, un rapaz novo e veciño de Covelo, será o candidato do BNG á alcaldía deste municipio da Paradantaa na vindeira cita electoral do 24 de maio. Osorno aceptou encabezar a candidatura "para permitir que Covelo poida ter un cambio real na política que ata o de agora gobernou o noso municipio", asegurou.

Barciademera, onde a música relixiosa ten nome propio

A igrexa barroca de San Martiño de Barciademera, no Covelo, acollerá un ano máis o seu ciclo de música relixiosa converténdose, dese xeito, no lugar de encontro das máis recoñecidos artistas e agrupacións neste tipo de música e a cita obrigada para todos os amantes da boa música. Dende hai anos, falar de Música Relixiosa é falar de Barciademera.

Xornada sobre autismo e TDAH

A xornada desenvolverase o vindeiro 8 de maio e está organizada pola Asociación TEAVI e o concello da Cañiza. O coñecido como TDAH ou trastorno por déficit de atención con hiperactividade, supón un problema para as familias e, actividades como esta, buscan que estas saiban como actuar.

Mellora ambiental da Praza Maior e área recreativa Regueiro

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou no concello pontevedrés de A Cañiza as obras realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, cuxa subvención en 2014 foi de máis 93.000 euros cos que se levou a cabo a mellora ambiental da Praza Maior e o acondicionamento da área recreativa Regueiro, entre outros.

Suscribirse a este canal RSS