Arbo remata a ampliación dun vial en Eidos de Arriba, Sela

O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de ampliación e acondicionamento de vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, unha obra para a que, en setembro do pasado ano, o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Miguel Ángel Pérez Dubois, asinaban un convenio de colaboración. As obras estaban enmarcadas no Plan de Infraestruturas Rurais 2018

Arbo mellora dúas estradas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2018

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, comprobou esta mañá as obras executadas polo Concello a través do Plan Marco 2018 e do Plan de Infraestruturas Rurais 2018 en dous camiños da localidade. Cores Tourís destacou os 76.775 euros destinados para a ampliación do Rial do Pazo ás Laxas, a través do Plan Marco, así como a mellora do vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, que contou cunha axuda do Plan de Infraestruturas Rurais 2018.

Arbo xa ten cartel anunciador para a LIX Festa da Lamprea

Máis dunha vintena foron as propostas que, dende distintas zonas da xeografía española, chegaron ao Concello de Arbo para participar no concurso de carteis que cada ano escolle ao cartel anunciador da Festa da Lamprea, que este ano se celebrará os días 26, 27 e 28 de abril a súa quincuaxésimo novena edición.

A Deputación construirá un muro de contención na rúa Mon y Landa de Crecente

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai construír un novo muro de contención na rúa Mon y Landa do Concello de Crecente para estabilizar un noiro e evitar o esvaramento da calzada nun treito duns cen metros de lonxitude na estrada provincial EP-5005 Cañiza-Pousa. O deputado Uxío Benítez explica que as obras consistirán na construción dun novo terraplén e dun muro de escollera que permitirán conter as terras nas que se asenta a vía garantir o tránsito de vehículos e de peóns con seguranza viaria.

Suscribirse a este canal RSS