Ferido un home ao caer do tellado dunha nave en Covelo

Un traballador resutou ferido, en Covelo, ao caer do tellado dunha nave de gando. O ferido foi trasladado ao hospital de referencia na cidade de Vigo onde quedou ingresado para ser atendido das súas feridas.

Os feitos aconteceron arredor das 18 horas de hoxe, no lugar de Cende, na parroquia de Prado do concello de Covelo, cando un home que estaba reparando o tellado dunha nave na que se garda o gando, caiu ao chan sen que ata o momento se coñezan as causas do accidente. Alertados os servizos de emerxencia, deuse conta do accidente a Garda Civil e ás emerxencias sanitarias que trasladaron ao ferido a un centro hospitalario.