Segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera co cuarteto Schubert

O Cuarteto de Corda Schubert protagoniza o segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera que se desenvolve na Igrexa de San Martín de Covelo, este sábado 21 de maio ás 20:30 horas. Este cuarteto de corda está formado por Elena Escalza, Gabriel Bussi, Fumika Yamamura e Adrián Linares Reyes, músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia e interpretarán un programa con música exclusivamente de Schubert, Haydn e Mozart.

A igrexa de Barcia de Mera consolídase, con esta nova edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera que este ano alcanza os oito anos de existencia, como auditorio para a música de cámara na provincia de Pontevedra. A pesar de estar apartada dos núcleos máis poboados da provincia e de non ter as vías de comunicación máis accesibles, a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera, en Covelo, é xa unha cita cultural anual ineludible á que cada vez asisten un maior número de melómanos.

Un ciclo que é posible grazas ao apoio económico da Consellería de Cultura da Xunta, un proxecto co colaboran, fóra dos circuítos habituais, pola súa calidade e recoñeceu o esforzo dos seus organizadores por conseguir mantelo, segundo manifestou en varias ocasións o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola colaboración desde os inicios do Balneario de Mondariz na súa liña de mecenado popular.

A idea de converter a igrexa de Barcia de Mera nun auditorio para música de cámara xurdiu en xaneiro de 2008, cando na inauguración da restauración dos seus retablos organizouse un concerto, a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia e Campus Stellae. O seu éxito motivou a idea, apoiada polo arcipreste da comarca, Rafael Antela. , e pola colaboración do Balneario de Mondariz na súa liña de mecenado popular.

Cun aforamento máximo de 150 persoas, esta igrexa barroca, acollerá neste novo ciclo, a actuación de seis agrupacións galegas e nacionais. Os próximos concertos previstos serán os que ofrezan o Trío de Cordas Contraste, o sábado 18 de xuño; Vox Stellae Ensemble, o sábado 23 de xullo; Orquestra de Cámara Galega, o luns 15 de agosto; Vox Stellae. Homenaxe a Miguel de Cervantes, o sábado 27 de agosto e, finalmente, o concerto de clausura que correrá a cargo de Capela Finisterrae, o sábado 17 de setembro.