Arbo

Arbo acollerá un encontro dos mellores «bloggers» gastronómicos e turísticos de Galicia

Arbo será escenerario, esta próxima fin de semana, do encontro de bloggers #SaboresdeArbo, un evento que se enmarca dentro das actividades que o Concello organiza para promover os sabores únicos e emblemáticos do viño e a lamprea e a súa festa por excelencia a Festa da Lamprea, que este ano cumpre a súa 59 edición e que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril. Por primeira vez, os blogueros gastronómicos e de viaxes, con miles de seguidores, visitarán a “capital mundial da lamprea”.

Arbo traslada ao domingo 10 de marzo o Desfile de Comparsas

O domingo 10 de marzo terá lugar en Arbo o Desfile de Comparsas de Entroido que foi suspendido o pasado domingo 3 de marzo polas malas condicións meteorolóxicas na provincia de Pontevedra. Este tradicional evento reúne todos os anos a comparsas do Concello de Arbo, de concellos veciños da comarca Condado e A Paradanta e do país veciño Portugal.

Arbo recupera a ponte románica de San Xoán

O pasado 28 de abril de 2017 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González e o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, asinaban un convenio de colaboración para a recuperación e consolidación da Ponte de Mourentán,  que ten consideración de ben catalogado e incluido no Inventario de Pontes Históricas de Galicia.

Arbo remata a ampliación dun vial en Eidos de Arriba, Sela

O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de ampliación e acondicionamento de vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, unha obra para a que, en setembro do pasado ano, o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Miguel Ángel Pérez Dubois, asinaban un convenio de colaboración. As obras estaban enmarcadas no Plan de Infraestruturas Rurais 2018

Arbo mellora dúas estradas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2018

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, comprobou esta mañá as obras executadas polo Concello a través do Plan Marco 2018 e do Plan de Infraestruturas Rurais 2018 en dous camiños da localidade. Cores Tourís destacou os 76.775 euros destinados para a ampliación do Rial do Pazo ás Laxas, a través do Plan Marco, así como a mellora do vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, que contou cunha axuda do Plan de Infraestruturas Rurais 2018.

Suscribirse a este canal RSS