Arbo

Arbo aposta por un mercado de abastos máis dinámico e competitivo

O Concello de Arbo desenvolverá unha serie de obras no Mercado Municipal de Abastos, ao abeiro das axudas da Consellería de Economía e Industria aos concellos para a mellora destas instalacións e dos espazos do comercio non sedentario. Arbo busca a dinamización do espazo comercial adicado ao Mercado de Abastos Municipal, axudando a que sexa máis competitivo e máis atractivo para os consumidores.

Os 102 anos de Dona Anita

Polos seus 102 anos de vida, o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito e a primeira tenente de alcalde, visitaron a Dona Anita coñecida e querida veciña de Arbo, para facerlle entrega dun obsequio e renderlle asi unha sinxela homenaxe polos seus anos como veciña deste municipio.

Actuación da “A.C Barca de Loimil” en Sela e inchables para cativos en Barcia

Dentro das actividades que organiza o Concello de Arbo no seu programa do “Verán Cultural 2015” e a petición da Comisión de Festas da Augardente , o vindeiro domingo 23 de agosto, a partires das 11:00 horas, no Torreiro da Festa da Augardente en Sela, terá lugar a actuación do Grupo de Baile, Gaitas e Pandereteiras da Asociación Cultural a A Barca de Lomil.

Suscribirse a este canal RSS