Arbo, todo sigue igual

Se algo nos deixan estas eleccións municipais, son contrastes. Moitos contrastes. Municipios nos que non cambia absolutamente nada que contrastan con outros nos que hai cambios que poderían cualificarse de radicais. Son, en todo caso, a expresión e o reflexo da vontade popular e digan o que digan, nunhas eleccións é a que manda. En Comarcas na Rede, como fixemos hai catro anos, casi coincidindo co nacemento deste xornal. Damos un repaso, por rigorosa orde alfabética –para que non haxa 'piques'– e coa orde de candidaturas publicada no BOPPO (tamén polo mesmo motivo).

Arbo é, deses concellos, ao igual que outros que iremos vendo, nos que os resultados deste 2017 son un calco dos do 2015. Outros, como tamén veremos, sufriron cambios e cambios radicais. Por certo... As mocións de censura (Oia e Tui) pasaron factura a aqueles que as presentaron.