A Cañiza

Carlos Font visita as obras de acondicionamento do Parque Central da Cañiza

O deputado de Cooperación Municipal, Carlos López Font, asistiu este mércores, acompañado do alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, ao inicio das obras de acondicionamento do Parque Central do Concello, o proxecto do Plan de Reequilibrio da Deputación de Pontevedra que será unha realidade nun prazo de catro meses. A obra, que consta dunha inversión de 383.217,15 euros está financiada na súa totalidade pola Deputación, a través do Plan de Reequilibrio, que aporta 306.573,72 euros, e o Plan Concellos, que aporta o resto.

«III Raid do Condado-Marqués de Vizhoja»

O Concello da Cañiza acolleu a presentación do Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, Campionato de España de Raids de Avenuras, organizado polo Club Cornelios, www.cornelios.es, que se celebrará o fin de semana, 15 e 16 de setembro, nos concellos de Salvaterra de Miño, A Cañiza, As Neves e Arbo.

Ariana González e Brais Misa, gañadores do «DepoDesafío 2018» da Cañiza

O concello da Cañiza gozou este domingo 26 de agosto dun bonito trail encadrado no “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra. Cun éxito de participación, récord ata o momento no reto deportivo da institución provincial, na meta impuxéronse Ariana González e Brais Misa. A proba, unha carreira a pé que atravesou os montes da Cañiza cun percorrido duns quince quilómetros, foi a terceira parada do “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra despois da carreira entre Tomiño e A Guarda e a travesía a nado no Grove.

Nava Castro subliña a importancia da Feira do Xamón da Cañiza

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo hoxe en valor o papel das festas de Interese Turístico de Galicia á hora de reforzar o atractivo da Comunidade durante o verán. Así o manifestou hoxe durante a presentación da 52 edición da Feira do Xamón da Cañiza, unha das celebracións galegas con este recoñecemento e da que subliñou a súa relevancia como unha das citas turísticas referentes do sur de Galicia.

A Deputación rehabilitará a estrada Cañiza-Pousa cun investimento de máis de 578.000 euros

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, xa ten listo e en fase de contratación o proxecto para rehabilitar de xeito integral o firme da estrada provincial EP-5005 A Cañiza-Pousa co fin de mellorar a seguranza viaria. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, nunha reunión mantida co alcalde de A Cañiza recentemente acordouse que a Deputación melloraría a plataforma da estrada ao longo de 12,3 quilómetros de lonxitude circunscribíndose ao trazado existente.

«Limiar Teatro» leva a adaptación de «Anagnórise» á Cañiza

A Casa da Cultura da Cañiza acolle ás 16 horas do vindeiro luns a terceira representación de «Anagnórise», das dez que Limiar Teatro levará pola provincia no marco do Ano da Lingua da Deputación de Pontevedra. A obra, que está indicada para público maior de 14 anos, baséase nunha das obras máis coñecidas de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Suscribirse a este canal RSS