A Asociación Forestal de Galicia imparte cursos de certificación forestal na Cañiza e Mos

Durante os meses de outubro e novembro, a Asociación Forestal de Galicia organiza 12 cursos sobre certificación forestal: 8 sobre certificación forestal na xestión do monte, orientados a propietarios forestais, traballadores e técnicos; e outros 4 sobre a cadea de custodia da madeira certificada, no proceso da súa transformación industrial. Dous dos primeiros cursos sobre certificación forestal desenvólvense na Cañiza (26 de outubro, Centro Cultural de Achas, 17 horas) e en Mos (27 de outubro, Pazo de Mos, 10 horas).

Con estes cursos, trátase de promover a certificación forestal do monte, un sistema cada vez máis demandado polos consumidores finais, pois a certificación representa unha garantía de que a madeira e os produtos derivados da mesma foron obtidos a través dun aproveitamento sostible, con pleno respeto ó medioambiente.

A certificación forestal ofrécelle ademais ó propietario forestal e á industria un valor engadido pola súa produción. Por estes motivos, a certificación forestal estase extendendo de xeito progresivo en Galicia. Desde a Asociación Forestal de Galicia quérese contribuír á súa difusión coa organización deste calendario de cursos.

Estes cursos están financiados pola Axencia da Industria Forestal da Xunta de Galicia e son gratuítos para os participantes. A inscrición é gratuíta pero obrigatoria, no teléfono 986 660 864 (AFG, Ponteareas) ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.