Nigrán

Nigrán investirá 92.300 € na mellora de instalacións eléctricas nos colexios

O Concello de Nigrán adxudicou a Sielvigo S.L. o acondicionamento das instalacións eléctricas en cinco colexios públicos do municipio por un importe de 92.242 € a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2017. As obras, que comezarán a inicios de febreiro, permitirán mellorar a infraestructura do CEIP Humberto Juanes (21.564 €) Carlos Casares (17.210 €), Mallón (18.518 €) , Da Cruz (19.857 €) e As Dunas (2.827 €), todos eles centros cunha instalación obsoleta que precisa acondicionarse para o cumprimento da normativa sectorial.

'Taxi Driver' abre as proxeccións do cineclub 'Alice Guy-Blaché' de Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves ás 20:30 horas a proxección da película 'Taxi Driver', ofrecida polo cineclub Alice Guy-Blaché en colaboración co Concello de Nigrán de xeito gratuíto. Este novo cineclub de Nigrán, que colle o nome da primeira muller en ser realizadora dunha largometraxe, ofrecerá un filme cada penúltimo xoves de mes no Auditorio Municipal.

Medio cento de empresarios e emprendedores reciben as acreditacións como expertos en comunicación dixital

Desenvolver unha estratexia de comunicación comercial e un plan de márketing online, conseguir posicionar a marca e a empresa en redes sociais e optimizar as comunicacións entre os membros dun equipo de traballo foi o contido dun curso impartido pola Fundación Incyde realizado durante o último trimestre nas sedes dos viveiros que xestiona Zona Franca na Granxa e en Porto do Molle ao que asistiron máis de medio centenar de emprendedores e empresarios.

UCN insta á Xunta a mellorar a seguridade viaria da PO-325 Vigo-Baiona

O portavoz do partido independente Unión Centrista de Nigrán ( UCN), Antonio Fernández Comesaña, vén de presentar unha moción para o seu debate plenario, pola que se insta á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, para que mellore "de forma urxente" a seguridade viaria no tramo urbano que discorre polo municipio de Nigrán da vía autonómica PO-325 de Vigo-Baiona (estrada pola vía), incluíndo a posible construción de rotondas que faciliten o acceso ás urbanizacións Sau-6 (Praia América) e Sau-3 (Area Alta).

Nigrán propoñerá un convenio con 'Baisenpulgas' para recollida de animais as fines de semana

O goberno de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 31 de xaneiro, a aprobación dun convenio coa Asociación Protectora de Animais Baisenpulgas de 5.000 euros que permita recoller aos cans e gatos abandonados na fin de semana. Actualmente o Concello de Nigrán presta servizo para cans en colaboración coa Deputación de Pontevedra (CAAN) durante a semana e, na fin de semana, únicamente nos casos considerados urxentes.

Suscribirse a este canal RSS