Nigrán

Curso de limpeza de infraestruturas hostaleiras

O Concello de Nigrán vén de poñer en marcha un curso denominado “Operacións básicas de pisos en aloxamento”, dirixido a mulleres empadroadas no Concello de Nigrán, que se atopen en situación de desemprego ou que estean en activo pero cun contrato máximo de 10 horas mensuais ou 40 semanais.

O PP de Nigrán presenta una candidatura “solvente e profesional”

O PP de Nigrán presenta a súa candidatura para as eleccións municipais do próximo mes de maio, un equipo formado por 27 homes e mulleres das sete parroquias do municipio, encabezado polo alcalde e candidato á reelección, Alberto Valverde que asegurou que se trata dunha candidatura "solvente e profesional".

Mellora da seguridade viaria na estrada A Ramallosa-Gondomar

Esta semana comezaron os traballos de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-340 entre Gondomar e a Ramallosa. As actuacións que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas teñen como obxectivo mellorar mellorará a seguridade viaria do conxunto de usuarios e en especial dos peóns.

O "Airexa A" sénior, subcampión de liga

O C.B. Airexa, está a vivir os momentos máis doces xa que tras a vitoria nunha vibrante última xornada, os séniors A da entidade obtiveron o subcampionato de liga e deste modo consiguen o pase directo para xogar a fase de ascenso a Terceira División.

Remate da senda peonil Priegue-Nigrán

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) vén de rematar as obras dunha senda peonil que transcurrre ao longo da estrada Vigo-Tui (PO-552) á altura da parroquia de Priegue, no Concello pontevedrés de Nigrán. Con esta actuación os veciños da zona poden camiñar desde a mencionada parroquia ata a entrada de Nigrán, empregando un itinerario máis seguro, completamente, habilitado ao efecto.

Suscribirse a este canal RSS