Nigrán 07-2018, mes de festas

O acordeonista Roberto Comesaña, gañador dun «Grammy», actuará na Gala dos Premios Nigrán 2018

Fermosísimo galardón dos «Premios Nigrán» deseñado polo artista Juan Coruxo. Fermosísimo galardón dos «Premios Nigrán» deseñado polo artista Juan Coruxo.

Mañá sábado, Nigrán está de festa ou, cabería dicir, que está de Festa Grande (en maiúsculas) porque ás 20:00 horas do 14 de abril comezará, no Auditorio Municipal, a gala dos «Premios Nigrán 2018» que, nesta sétima edición, contan coa actuación, en directo, de Roberto Comesaña, recoñecido acordeonista de Priegue que no 2016 acadou un Grammy co tema «Cabaliño» xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Davide Salvado.

Ademáis do Grammy, Roberto Comesaña ten sumado, á súa dilatada carreira, outros destacados recoñecementos como é o primeiro premio no certame nacional de acordeón na categoría de música popular no 2009.

premios nigran roberto comesanha

Nesta sétima edición serán homenaxeados no ámbito cultural a Coral Stella Maris do CRC O Torreiro de Priegue; no educativo o CEE de Panxón; no empresarial Talleres Josmar; no deportivo o Club Baloncesto Nigrán; e no social os veciños de Camos e Chandebrito, todos eles elixidos coa unanimidade da Corporación.

O xa consolidado acto institucional está deseñado para ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria dos premiados, que recibirán o galardón deseñado exprofeso para estes premios no 2016 polo artista Juan Coruxo.