O obradoiro «Terras do Miñor» ofrece un almorzo saudable para os maiores da comarca

O Obradoiro de Emprego Terras do Miñor VI, promovido pola Mancomunidade de Concellos do Val Miñor e subvencionado con Fondos Europeos e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, serviu esta mañá un «Almorzo Saudable» no C.E.E. de Panxón a 75 maiores de asociacións de toda a comarca, 25 de cada un dos concellos que compoñen a mancomunidade: Nigrán, Baiona e Gondomar.

almorzo terras minhor marzo 06

Con estes almorzos elaborados e servidos polos 15 alumnos-traballadores do Obradoiro (sete de operacións básicas de cociña e oito de servizos de restaurante) preténdese colaborar na sensibilización da adquisición de hábitos máis saudables relacionados coa alimentación.

almorzo terras minhor marzo 07

Durante o almorzo, os maiores participantes tiveron a oportunidade escoitar unha charla que correu a cargo de Gloria Pérez, experta en alimentación e dietética. Ademais, a esta xornada acudiron as concelleiras Nigrán, Raquel Giráldez; de Gondomar, Rocio Cambra; e de Baiona, Carmen Paredes.

O Obradoiro, que comezou o día 29 de setembro, desenvólvese nas dependencias do CEE (Centro de Educación Especial) de Panxón e xa superou o ecuador do seu proxecto.