Un turismo choca, en Nigrán, con dous vehículos estacionados e dáse á fuga

Estado no que quedou o vehículo causante do accidente / Foto: ©Policía Local Nigrán Estado no que quedou o vehículo causante do accidente / Foto: ©Policía Local Nigrán

A Policía Local de Nigrán, atendeu un accidente de circulación con fuga, que tivo lugar ás 07:10 horas do pasado domingo, 3 de decembro, na rúa Telleira de Nigrán. Os feitos aconteceron cando o turismo colisionou contra outros dous, estacionados na vía pública, aos que lle provocou danos de importancia ao mesmo tempo que o vehículo causante sufría tamén graves desperfectos.

Mentres os axentes atendían o sinistro, a patrulla recibía unha chamada na que un condutor daba conta que un turismo sen matrícula, cun gran golpe na súa parte traseira e ao que lle faltaba o pneumático dunha das rodas traseiras, circulaba pola PO-552.

Con eses datos a Policía Local de Nigrán comezou a tarefa de procura do vehículo o que fixo seguindo o rastro que deixaba debido á falta do neumático e doutro tipo de restos. Finalmente os axentes o localizan abandonado nun camiño na zona de Patos.

Posteriormente os axentes localizan e identifican a unha persoa que recoñece ser o condutor do vehículo no momento do sinistro, alegando nerviosismo tras o accidente e a carencia de seguro obrigatorio de accidentes. Instruirase informe sobre investigación de accidentes, por parte da Policía Local, para o esclarecemento dos feitos ocorridos.