O CB Nigrán reafírma o seu compromiso contra a violencia de xénero

Amaral tamén participará nesta extraordinaria iniciativa do CB Nigrán en lembranza das vítimas da violencia de xénero e como medio de concienciación para frenar esta lacra social Amaral tamén participará nesta extraordinaria iniciativa do CB Nigrán en lembranza das vítimas da violencia de xénero e como medio de concienciación para frenar esta lacra social

Un ano máis, o Club Baloncesto Nigrán reafírmase no seu compromiso contra a loita que supón a lacra da volencia de xénero e, ao mesmo tempo, rende unha homenaxe ás súas vítimas facendo un vídeo no que representantes de diferentes ámbitos sociais aparecen cun balón de baloncesto. Un balón por cada unha das mulleres asasinadas e un balón or cada un dos sete nenos e nenas asasinados neste 2017.

As xogadoras de baloncesto da selección española Alba Torrens e Laura Nicholls; a escritora Sonia Mirón, o actor Antonio Durán «Morris» , os futbolistas Jorge Otero e Javier Maté , así como diversos colectivos tales como o club Amfiv, o Basketmi Ferrol ou os claustros de profesores dos colexios Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Panxón e Mallón entre outros .Todos eles aparecerán no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller asasinada así como por cada un dos 7 nenos asasinados neste 2017.

Amaral tamén comunicou o CB Nigrán a súa participación nesta iniciativa que, dixeron "parecelles preciosa e que esperan que serva para a sensibilización e prevención da violencia de xénero".

Todos quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, unha iniciativa que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental "traballar valores a través do deporte".

Con cada unha destes balóns, que simbolizan ás vítimas da senrazón que é a violencia machista, o Club Baloncesto Nigrán debuxará un gran lazo na pista de xogo do Pavillón do colexio de Panxón en torno ao cal se colocarán os xogadores, adestradores, directivos e familias do club, constituíndo esta foto a imaxe final que se incluirá no vídeo que o CB Nigrán produciu e que se fará público a partir do sábado 25 co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas.

Desde o CB Nigrán agradecen a colaboración de todas as persoas e entidades que quixeron participar nesta iniciativa que esperan sirva como un pequeno granitode area na loita contra a violencia machista.