UCN propón a reconversión do antigo ambulatorio de Panxón nun centro de día

Instalacións do antigo ambulatorio de Panxón, hoxe pechadas, e que UCN propón reconvetelas nun centro de día Instalacións do antigo ambulatorio de Panxón, hoxe pechadas, e que UCN propón reconvetelas nun centro de día

O portavoz de Unión Centrista de Nigrán (UCN) vén de propoñer ao Concello de Nigrán a reconversión do local do antigo ambulatorio de Panxón nun Centro de Día para maiores xa que, matiza o concelleiro independente, "unicamente disponse dun Centro Mancomunado para o Val Miñor, de 40 prazas e situado en Baiona, resultando totalmente insuficiente para as necesidades dos veciños de Nigrán".

UCN lembra que o local situado nas Dunas de Gaifar, "está aínda pendente da cesión por parte do Instituto Social da Mariña", compromiso adquirido como consecuencia da cesión dunha parcela lindeira de case 5.000 m2 ao Sergas, onde se construíu o novo Ambulatorio, actualmente en pleno funcionamento desde fai máis dun ano, "condición imposta ao Sergas mediante acordo plenario formalizado no ano 2008, estando precisamente o PSOE no goberno local".

Fernández Comesaña, insta o alcalde Juan González para que o máis axiña posible "consiga xestionar de maneira eficaz" a cesión do inmoble incorporándoo ao patrimonio municipal, liquidando así as dificultades existentes, "dado que o inmoble leva máis dun ano pechado, circunstancia que está a orixinar unha seria deterioración das súas instalacións, e que ademais, urxe dar resposta ás necesidades e carencias en dotacións sociais que veñen demandando os nosos maiores", conclúe o portavoz Independente.